Cerrar

O 23-04-2020 publicouse no BOE núm. 113 a Resolución do 21 de abril de 2020, do Instituto Social da Mariña, pola que se actualizan determinadas medidas, con motivo da COVID-19, en relación coas prestacións e servizos específicos para o sector marítimo-pesqueiro, entrando en vigor dende o momento da súa publicación. Derroga a anteriormente publicada no BOE 19-03-2020, e actualiza as medidas adoptadas, con motivo da COVID-19, respecto á validez dos Certificados de formación sanitaria específica, os Certificados de revisión das caixas de primeiros auxilios preceptivas a bordo e dos Certificados médicos de aptitude para o embarque marítimo.

Medicina Preventiva

O ISM no seu Programa de Sanidade Marítima incorpora unha serie de actuacións de carácter preventivo encamiñadas a elevar o nivel de saúde da poboación antes de que o proceso de enfermidade apareza, e diminuír os factores de risco laboral dos traballadores do mar cando se atopan embarcados ou en portos estranxeiros.

As accións básicas do Programa de Sanidade Marítima no seu nivel preventivo son as seguintes:


Recoñecementos médicos de embarque marítimo.

Seguindo as directrices da  OIT  nos seus Convenios 16, sobre exame médico dos menores, 73, sobre exame médico da xente de mar e 113, sobre exame médico dos pescadores, o ISM  realiza de maneira gratuíta, recoñecementos médicos de embarque marítimo para todos traballadores do mar.

Estes Recoñecementos, que son previos ao enrolamento dos mariñeiros e teñen carácter obrigatorio, teñen como obxectivo garantir que as condicións psicofísicas do solicitante sexan compatibles coas características do seu posto de traballo e non supoñan perigo para a saúde e seguridade do individuo nin do resto da tripulación. Estas condicións tampouco deberán poñer en risco a navegación marítima.

Os recoñecementos médicos non só garanten que o traballador acceda ao buque nas mellores condicións psicofísicas posibles, senón que ademais, dende o punto de vista sanitario, son o punto de partida para coñecer o estado de saúde da poboación traballadora, o cal supón un importante apoio ante a eventualidade de que o traballador precise unha asistencia médica a bordo dende as distintas unidades asistenciais que integran o Programa de Sanidade Marítima.

Para que se lles practique o recoñecemento médico de embarque marítimo, segundo o Real Decreto 1696/2007, do 14 de decembro, os interesados, que deberán ser maiores de dezaseis anos de idade e non atoparse en situación e incapacidade temporal ou baixa médica nin en período de suspensión da relación laboral por situación de risco durante o embarazo, deben solicitalo en calquera dos Centros de Sanidade Marítima do ISM, nas Direccións Provinciais e Direccións Locais do ISM, e reunir os seguintes requisitos:

  • Solicitantes con nacionalidade española, deberán presentar caderno marítimo e un documento que acredite ter superado o curso de formación básica ou equivalente de conformidade coa sección A-VI/1 do Código de formación do Convenio STCW-78/95.
  • Os cidadáns da Unión Europea ou dalgún Estado parte do Acordo do Espazo Económico Europeo deberán presentar o seu número de identidade de estranxeiros, pasaporte ou tarxeta de residencia e estar en posesión dun certificado de ter superado o curso de formación básica ou equivalente de conformidade coa sección A-VI/1 do Código de formación do Convenio STCW-78/95.
  • Se se trata dun cidadán dun país non contemplado nos apartados anteriores, deberá presentar número de identidade de estranxeiros, pasaporte ou tarxeta de residencia e un permiso de traballo ou autorización equivalente e certificado de ter superado o curso de  formación básica ou equivalente de conformidade coa sección A-VI/1 do Código de formación do Convenio STCW-78/95.
  • Os mergulladores profesionais, ademais, deberán atoparse en alta ou en situación asimilada á alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar. Así mesmo, deberán achegar un caderno marítimo onde conste un enrole nos tres últimos anos e caderno de actividades subacuáticas.

En calquera caso, o ISM, nos recoñecementos médicos previos ao embarque periódicos, anticípase aos traballadores remitíndolles cartas informativas nas que se lles lembra o vencemento do anterior recoñecemento e a necesidade da súa renovación en cualquera dos Centros de Sanidade Marítima do ISM, nas Direccións Provinciais e Direccións Locais do ISM.

O tempo de vixencia do recoñecemento será determinado en cada caso polo médico que o realiza, en función do estado de saúde do recoñecido, da súa idade e da clase de traballo a efectuar, co tope máximo de validez de dous anos en xeral e un se se trata de menores de 21 anos ou maiores de 50.

Formación Sanitaria dos traballadores do mar.

O artigo 9 do Convenio 164 da Organización Internacional do Traballo, sobre a protección da saúde e a asistencia médica da xente do mar, de 1987, establece que as persoas encargadas da asistencia médica a bordo que non sexan médicos, deberán ter realizado satisfactoriamente un curso aprobado pola autoridade competente de formación teórica e práctica en materia de asistencia médica, establecendo unha formación elemental e outra do máis alto nivel en función da tonelaxe do buque e do tempo de demora á obtención dunha asistencia médica cualificada.

Verbo disto, o Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro, polo que se establecen condicións mínimas sobre a protección da saúde e a asistencia médica dos traballadores do mar (BOE  do 24 de febreiro) regula determinadas materias básicas en relación coa protección sanitaria dos traballadores do mar: os contidos das boticas de primeiros auxilios a bordo das embarcacións, incluída a Guía sanitaria a bordo, as instalacións mínimas sanitarias a bordo dos buques, a formación sanitaria obrigatoria dos tripulantes e a designación do Centro Radio-Médico do Instituto Social da Mariña como centro de asistencia sanitaria permanente á flota.

Con posterioridade a Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, establece os contidos mínimos dos programas de formación sanitaria específica e as condicións para a expedición e homologación do certificado de formación sanitaria dos traballadores do mar. Créanse dous certificados de formación sanitaria para os traballadores do Mar:

  • Formación Sanitaria Específica Inicial: É o equivalente á formación en primeiros auxilios a bordo establecida na regra VI/4 apartado 2 do Anexo I da Directiva 2001/25/CE relativa ao nivel mínimo de formación en profesións marítimas (Regra VI/4-2 do STCW-78/95, sección A-VI/4-1). Están obrigados a estar en posesión deste certificado: Todos os oficiais encargados da garda en cámara de máquinas.
    Os capitáns, patróns e oficiais que teñan que encargarse da garda de navegación en embarcacións obrigadas a levar a botica de primeiros auxilios C, segundo o disposto no Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro.
  • Formación Sanitaria Específica Avanzada: Equivale á formación en coidados médicos a bordo establecida na regra VI/4 apartado 1 do Anexo I da Directiva 2001/25/CE relativa ao nivel mínimo de formación en profesións marítimas (Regra VI/4-1 do STCW-78/95, sección A-VI/4-2). Obrigatorio para:
    Os capitáns, patróns e oficiais que teñan que encargarse da garda de navegación en buques obrigados a levar a Botica de primeiros auxilios A ou B, segundo o disposto no Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro.

Os certificados de Formación Sanitaria Específica terán unha validez máxima de cinco anos, debendo, unha vez transcorrido este prazo, realizar un novo curso de Formación Sanitaria Específica (inicial ou avanzada) a fin de renovalos.

Estudos epidemiolóxicos

Aproveitando os recoñecementos médicos de embarque marítimo recóllense datos que se utilizan para o deseño e posta en marcha de posteriores campañas de divulgación e prevención sanitarias.

Campañas sanitarias de divulgación, de promoción da saúde e de prevención.

Constitúen o cuarto elo de actuación preventiva que se realiza dende os centros provinciais e locais de sanidade marítima (Direccións provinciais e locais do ISM). Con elas preténdese incidir no coñecemento sanitario do traballador, implicándoo como elemento responsable da súa saúde e achegando os medios necesarios para evitar a aparición das patoloxías de maior incidencia nesa poboación.

Cabe destacar a realización, entre outras, das seguintes campañas:

  • Prevención de enfermidades de transmisión sexual, en especial a sida.
  • Prevención do paludismo.
  • Prevención de toxicomanías.
  • Prevención de riscos laborais do sector.
  • Prevención de accidentes a bordo.
  • Prevención de riscos en cuberta.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Folleto de prevención do cancro Descargar documento Folleto de prevención do cancro. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,3653 KB) 21/04/2014
Díptico campaña auga potable a bordo Descargar documento Díptico campaña auga potable a bordo. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,843 KB) 03/06/2015
Cartel campaña auga potable a bordo Descargar documento Cartel campaña auga potable a bordo. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,777 KB) 03/06/2015
Díptico Campaña Centro Radio Médico Descargar documento Díptico Campaña Centro Radio Médico. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,602 KB) 10/10/2016
Cartel Campaña Centro Radio Médico Descargar documento Cartel Campaña Centro Radio Médico. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,193 KB) 07/10/2016
Díptico Campaña Responsable Sanitario a Bordo Descargar documento Díptico Campaña Responsable Sanitario a Bordo. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,711 KB) 07/10/2016
Cartel Campaña Responsable Sanitario a Bordo Descargar documento Cartel Campaña Responsable Sanitario a Bordo. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,1945 KB) 07/10/2016
Díptico sobre a importancia das cores a bordo Descargar documento Díptico sobre a importancia das cores a bordo. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,1981 KB) 24/07/2017
Cartel sobre a importancia das cores a bordo Descargar documento Cartel sobre a importancia das cores a bordo. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,291 KB) 10/02/2017
Díptico Campaña Higiene Bucal Descargar documento Díptico Campaña Higiene Bucal. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,839 KB) 22/12/2017
Díptico Campaña Manipulación Manual de Cargas Descargar documento Díptico Campaña Manipulación Manual de Cargas. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,689 KB) 22/12/2017

Campañas de vacinación.

As campañas de vacinación efectúanse a través dos Centros de Sanidade Marítima do ISM, ubicados nas Direccións Provinciais e Direccións Locais do ISM, con actuacións propias ou en colaboración con outros Organismos Sanitarios Públicos.

Ademais, moitos Centros de Sanidade Marítima realizan unha importante labor preventiva vacinando, en campañas de ámbito nacional, provincial ou local, contra enfermidades especialmente graves como tétano, gripe e hepatite B.

Control de caixas de primeiros auxilios e control das condicións hixiénico-sanitarias dos buques.

O control das condicións hixiénico-sanitarias dos buques constitúe un labor de capital importancia na prevención de accidentes e de enfermidades a bordo das embarcacións.

Dende a publicación do Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro, o persoal sanitario designado ao efecto polo Instituto Social da Mariña (ISM), veñen realizando a revisión periódica das boticas de primeiros auxilios a bordo.

Existen varios tipos de boticas de primeiros auxilios en función da distancia da costa á que habitualmente se atopan os barcos realizando a súa actividade e do tempo que se tarde en recibir unha adecuada asistencia sanitaria en caso de emerxencia médica.

As revisións realízanse anualmente nos Centros de Sanidade Marítima do ISM, ubicados nas Direccións Provinciais e Direccións Locais do ISM,  cando as boticas de primeiros auxilios sexan facilmente transportables (Boticas de primeiros auxilios C de embarcación), ou no propio buque (Boticas de primeiros auxilios A, B, C de botes salvavidas e antídotos), ao que se despraza o persoal sanitario competente dos Centros de Sanidade Marítima.

Nas revisións compróbase que as boticas de primeiros auxilios cumpren co establecido no Real Decreto 568/2011, do 20 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 258/1999 no que respecta tanto ao continente coma ao contido, así coma no referente á documentación sanitaria (documentos de control, certificados de revisión, etc.) obrigatoria na dotación da botica de primeiros auxilios.

Os documentos de control da botica de primeiros auxilios cubriranse polos responsables sanitarios a bordo, previamente á súa revisión. Unha vez efectuada a mesma, o patrón, capitán ou responsable sanitario a bordo deberá custodialas ata a seguinte revisión, xunto co Certificado de Revisión da botica/s de primeiros axulios, na que se acredita a validez da mesma. Na seguinte revisión estes documentos serán facilitados ao responsable da revisión.

A Guía Sanitaria a Bordo forma parte obrigada da botica de primeiros auxilios, editada e distribuída gratuitamente polo ISM , está configurada como un vademécum dos coñecementos básicos que deben ter os responsables sanitarios dos buques e como un catálogo práctico de procedementos a seguir pero sempre a indicación dos facultativos do Centro Radio-Médico da Entidade.

A continuación achéganse ficheiros en formato Excel correspondentes aos documentos de control da botica de primeiros auxilios, así como documentos en pdf dos Reais Decretos que regulan esta materia:

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Especificacións Técnicas Descargar documento Especificacións Técnicas. O documento abrirase nunha ventá nova.(TXT,2 KB) 08/02/2013
Documento de control da Botica de primeiros auxilios A Descargar documento Documento de control da Botica de primeiros auxilios A. O documento abrirase nunha ventá nova.(XLSM,292 KB) 18/01/2013
Documento de control da Botica de primeiros auxilios B Descargar documento Documento de control da Botica de primeiros auxilios B. O documento abrirase nunha ventá nova.(XLSM,282 KB) 18/01/2013
Documento de control da Botica de primeiros auxilios C ata 60 millas Descargar documento Documento de control da Botica de primeiros auxilios C ata 60 millas. O documento abrirase nunha ventá nova.(XLSM,149 KB) 18/01/2013
Documento de control da Botica de primeiros auxilios C ata 10 millas Descargar documento Documento de control da Botica de primeiros auxilios C ata 10 millas. O documento abrirase nunha ventá nova.(XLSM,145 KB) 21/04/2014
Documento de control da Botica de primeiros auxilios de Antídotos Descargar documento Documento de control da Botica de primeiros auxilios de Antídotos. O documento abrirase nunha ventá nova.(XLSM,128 KB) 18/01/2013
Documento de control da Botica de primeiros auxilios C de bote salvavidas Descargar documento Documento de control da Botica de primeiros auxilios C de bote salvavidas. O documento abrirase nunha ventá nova.(XLSM,147 KB) 18/01/2013
Libro de rexistro de administración de fármacos Descargar documento Libro de rexistro de administración de fármacos. O documento abrirase nunha ventá nova.(XLS,519 KB) 18/01/2013
Solicitude Unificada de Caixas de Primeiros Auxilios Descargar documento Solicitude Unificada de Caixas de Primeiros Auxilios. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,603 KB) 23/06/2016

Plan Nacional de Sensibilización en Seguridade e Saúde no Traballo para o Sector Pesqueiro


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Plan Nacional de Sensibilización en Seguridade e Saúde no Traballo para o Sector Pesqueiro Descargar documento Plan Nacional de Sensibilización en Seguridade e Saúde no Traballo para o Sector Pesqueiro. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,388 KB) 24/08/2017
Resolución do 22 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica o Acordo sectorial estatal do sector da pesca. Descargar documento Resolución do 22 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica o Acordo sectorial estatal do sector da pesca.. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,209 KB) 24/08/2017

Prórrogas Certificados


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Prórrogas Certificados Descargar documento Prórrogas Certificados. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,76 KB) 30/04/2020
Complementary Content
${loading}