Programas Sociais

O colectivo dos traballadores do mar diferénciase dos demais sectores produtivos por unha serie de características que veñen dadas, fundamentalmente, pola natureza do traballo no mar e polo propio centro no que se  desenvolve (o barco): mobilidade, illamento e perigosidade.

O barco é, dende   un punto de vista sociolóxico, unha institución total, no sentido de que   constitúe un ámbito pechado no que se desenvolven todas as actividades persoais, laborais e sociais de   quen traballa nel. A súa mobilidade fai que a xente do mar estea exposta a continuos cambios e a dificultades especiais, en particular cando se atopa en portos estranxeiros.

Por outra parte, as características laborais do colectivo marítimo-pesqueiro non só afectan aos propios traballadores, senón que tamén condicionan, directa ou indirectamente, o seu ambiente familiar.

O Instituto Social da Mariña (ISM), coma organismo encargado da problemática social do sector marítimo-pesqueiro e atendendo á necesidade de atención   social específica e integral do mesmo,  ofrece un sistema de protección social global que completa os mecanismos protectores do sistema de Seguridade Social. Este sistema encádrase e actualízase dentro das directrices dos Plans de Acción do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}