Sanidade Marítima

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

O Programa de Sanidade Marítima recolle todas aquelas competencias e funcións, propias e específicas do Instituto Social da Mariña, en relación coa atención sanitaria da xente do mar a bordo ou no estranxeiro. Para elaborar este programa pártese dunha concepción totalizadora da idea de saúde no traballador do mar, entendendo por tal, como sinala a Organización Mundial da Saúde (OMS), non só a ausencia de enfermidade senón tamén o perfecto estado de benestar mental e social.

Por outra parte, o ambiente sociolaboral dos traballadores do mar, onde están máis expostos a "factores de risco" que a poboación traballadora en xeral, xustifica a necesidade dun Programa Sanitario Específico para todos os mariños embarcados e no estranxeiro, que trate de minimizar aqueles factores que inciden de forma negativa na saúde dos traballadores do mar e nos seus índices de sinistralidade laboral.

En definitiva, o obxectivo global e prioritario do Programa de Sanidade Marítima é articular un modelo práctico, baseado en mecanismos tanto asistenciais como preventivos que, de forma integral e planificada, oferte e achegue os medios asistenciais e sanitarios que necesita o sector para o desenvolvemento da súa actividade.

Este programa de atención integral aséntase sobre dous piares de atención ben diferenciados e interrelacionados: o nivel preventivo e o nivel asistencial.

Complementary Content
${loading}