Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Duración

A duración do subsidio será equivalente á dos períodos de descanso ou permisos que se gocen, de acordo co previsto no art.º 48.4, 5 e 6 do Estatuto dos traballadores (ET) e en art. 49 a) e b) e c) do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)

Períodos de descanso en relación ao Estatuto dos Traballadores (ET)

Establécese un período transitorio, durante os anos 2019 e 2020, para a aplicación gradual da nova regulación da suspensión do contrato de traballo por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento, prevista nos apartados 4, 5 e 6 do artigo 48 do TRET, na redacción dada polo real decreto-lei.

Será a partir de 1 de xaneiro de 2021, cando cada proxenitor, adoptante, gardador ou acolledor gozará de idéntico período de suspensión.

Cadro resumo estatuto dos traballadores e do empregado público


Durante o 01/01/2021 teranse en conta as seguintes regras para atender á súa duración:


No caso de nacemento

  1. Nai biolóxica:
  2. Gozará completamente dos períodos de suspensión 16 semanas coa seguinte distribución:

    • 6 semanas obrigatorias, ininterrompidas e que se deberán gozar a xornada completa  inmediatamente despois do parto.
    • 10 semanas que poderán gozar a xornada completa ou parcial:

      • De xeito continuado ao período obrigatorio.
      • De xeito interrompido, en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade.
      • O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá  comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.
      • O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.

    Mantense a posibilidade de que a nai biolóxica poida anticipar o inicio da prestación ata en 4 semanas á data probable de parto.

    Nos casos de falecemento do fillo/a, o período de suspensión non se verá reducido, agás que se reincorporen ao traballo transcorridas as 6 semanas de descanso obrigatorio.


  3. Outro proxenitor (distinto da nai biolóxica):
  4. Dispoñerá dun período de suspensión total de 16 semanas, coa seguinte distribución:

    • 6 semanas ininterrompidas, obrigatorias e que se deberán gozar a xornada completa  inmediatamente despois do parto.
    • 10 semanas voluntarias que poderán gozar a xornada completa ou parcial:

      • De xeito continuado ao período obrigatorio.
      • De xeito interrompido, en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias, ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade.
      • O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá  comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.
      • O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.

    Desaparecen os dous días de permiso por parte da empresa que se desfrutaban  no caso de paternidade.

    En caso de falecemento da nai biolóxica, con independencia de que realizase ou non algún traballo, o outro proxenitor terá dereito ás dezaseis semanas previstas para a nai biolóxica.

    Nos casos de falecemento do fillo ou da filla, o período de suspensión non se verá reducido, agás que se reincorpore ao traballo transcorridas as 6 semanas de descanso obrigatorio.


  5. Ampliacións da duración da prestación comúns aos dous proxenitores:
    • 1 semana para cada proxenitor, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de nacemento múltiple.
    • 1 semana para cada proxenitor  en caso de  discapacidade do fillo/a

    Nos casos de parto prematuro e aqueles supostos nos que o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, por un período superior a sete días, a prestación poderase ampliar en tantos días como o nacido se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais. Esta ampliación poderase gozar por cada un dos proxenitores, a partir da alta hospitalaria. Exclúense do devandito cómputo as semanas de descanso obrigatorio.


    En caso de adopción, de garda con fins de adopción e de acollemento:

    Dispoñerá dun período de suspensión total de 16 semanas, coa seguinte distribución:  

    • 6 semanas ininterrompidas, obrigatorias e que se deberán gozar a xornada completa  inmediatamente despois do parto.
    • 10 semanas voluntarias que poderán gozar a xornada completa ou parcial:

      • De xeito continuado ao período obrigatorio.

      • De xeito interrompido, en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias, ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade.

      • O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá  comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.

      •  O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.         

        Desaparecen os dous días de permiso por parte da empresa que se desfrutaban  no caso de paternidade.
        No caso de falecemento da nai biolóxica, con independencia de que realizase ou non algún traballo, o outro proxenitor terá dereito ás dezaseis semanas previstas para a nai biolóxica.
        Nos casos de falecemento do fillo ou da filla, o período de suspensión non se verá reducido, agás que se reincorpore ao traballo transcorridas as  6 semanas de descanso obrigatorio.

    Nos supostos de adopción internacional , cando sexa necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país do adoptado, o período de suspensión poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.


    Ampliacións da duración da prestación

    • 1 semana para cada proxenitor, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de adopción múltiple.
    • 1 semana para cada proxenitor  en caso de  discapacidade do fillo/a.

     


Períodos de descanso en relación ao Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)

Modifícase o artigo 7 do EBEP. Dende a entrada en vigor deste real Decreto-lei, en materia de permisos de nacemento, adopción, do proxenitor diferente da nai biolóxica  e lactación, o persoal laboral ao servizo das Administracións Públicas rexerase polo previsto no EBEP.

Modifícanse os apartados a), b), c) e d) do artigo 49, substituíndo os actuais permisos de maternidade e paternidade, por: permiso por nacemento para a nai biolóxica; permiso por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento; e permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento. 

 

Cadro resumo estatuto dos traballadores e do empregado público


  1. Permiso por nacemento para nai biolóxica.

    O permiso terá unha duración de 16 semanas coa seguinte distribución:

    • 6 semanas obrigatorias, ininterrompidas e que se deberán gozar a xornada completa  inmediatamente despois do parto.
    • As 10 semanas restantes, a xornada completa ou parcial.

      • De xeito continuado ao período obrigatorio.
      • De xeito interrompido, só no caso de que ambos os dous proxenitores traballen en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade. 

    Ampliacións da duración da prestación para a nai biolóxica:

    • 1 semana, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de nacemento múltiple.
    • 1 semana por cada fillo/a discapacitado/a.
    • Nos casos de parto prematuro e aqueles supostos nos que o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, a prestación poderase ampliar en tantos días como o nacido se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.

    No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou da parte que lle reste a ese permiso.

    No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de duración do permiso non se verá reducido, agás que, unha vez finalizadas as seis semanas de descanso obrigatorio, se solicite a reincorporación ao posto de traballo.

    Desaparece a cesión da maternidade por parte da nai ao outro proxenitor, así como a posibilidade de inicio da prestación antes da data probable do parto.


  2. Permiso por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento para un proxenitor:

    Terá unha duración de 16 semanas para un proxenitor.

    A distribución destas 16 semanas é a seguinte:

    • 6 semanas obrigatorias, ininterrompidas e que se deberán gozar a xornada completa  inmediatamente despois da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou á decisión administrativa de garda con fins de adopción ou acollemento.
    • As 10 semanas restantes, a xornada completa ou parcial, a gozar:
      • De xeito continuado ao período obrigatorio.
      • De xeito interrompido, só no caso de que ambos os dous proxenitores traballen en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade (en adopcións de menores de 12 meses de idade)
      • No caso no que a adopción sexa dun maior de 12 meses de idade, as 10 semanas de permiso voluntario deberán ser ininterrompidas.

    Ampliacións da duración da prestación:

    • 1 semana para cada proxenitor, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de adopción, garda ou acollemento múltiple.
    • 1 semana para cada proxenitor  por cada fillo/a discapacitado/a
    Adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo ao país do adoptado

    O adoptante terá dereito:

    • A un permiso de ata dous meses de duración a cargo da empresa con retribucións básicas.
    • A iniciar o permiso de adopción, garda ou acollemento, ata 4 semanas antes da resolución xudicial ou decisión administrativa.


  3. Permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica  por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción de un fillo ou filla

    En caso de nacemento:

    Terá unha duración de 16 semanas, coa seguinte distribución:

    • 6 semanas serán inmediatas posteriores á data do nacemento que serán de descanso obrigatorio, ininterrompidas e a xornada completa.
    • 10 semanas restantes a xornada completa ou parcial, que poderán gozar:
      • De xeito continuado ao período obrigatorio
      • De xeito interrompido, só no caso de que ambos os dous proxenitores traballen en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias da nai ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade. Para cada período de gozo interrompido será necesario un preaviso de polo menos 15 días. 

    Se optan por gozar da parte non obrigatoria deste permiso con posterioridade á semana 16 do permiso por nacemento e o proxenitor que goza do permiso por nacemento solicitase a acumulación do tempo de lactación en xornadas completas, o gozo da parte non obrigatoria  poderase iniciar  cando finalice este último período.

    Ampliacións da duración da prestación:

    • 1 semana, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de parto múltiple.
    • 1 semana en caso de  discapacidade do menor nacido, por cada menor discapacitado.

    Nos casos de parto prematuro e aqueles supostos nos que o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, a prestación poderase ampliar en tantos días como o nacido se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.

    No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de duración do permiso non se verá reducido, agás que, unha vez finalizadas as seis semanas de descanso obrigatorio, se solicite a reincorporación ao posto de traballo.

    Nos casos de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento.

    Terá unha duración de 16 semanas,coa seguinte distribución:

    •  6 semanas serán inmediatas posteriores ao feito causante que serán de descanso obrigatorio, ininterrompidas e a xornada completa.
    • 10 semanas restantes voluntarias a xornada completa ou parcial, que poderán gozar:

      • De xeito continuado ao período obrigatorio.
      • De xeito interrompido, só no caso de que ambos os dous proxenitores traballen en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ou cando finalicen os permisos por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, ata os 12 meses da data de resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou ben á decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento.

    Nos casos de adopción de maiores de 12 meses de idade, as 10 semanas  non obrigatorias serán ininterrompidas.

    Ampliacións da duración da prestación:

    • 1 semana, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de adopción, garda ou acollemento múltiple.
    • 1 semana en caso de  discapacidade do menor adoptado, acollido, por cada fillo/a discapacitado/a.

Cadro resumo duración


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Cuadro resumen ET Descargar documento Cuadro resumen ET. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Cuadro resumen ET. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,171 KB) 08/09/2022
Cuadro resumen EBEP Descargar documento Cuadro resumen EBEP. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Cuadro resumen EBEP. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,147 KB) 08/09/2022
Complementary Content
${loading}