Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Pensións de viuvez, orfandade e en favor de familiares

As pensións extraordinarias de supervivencia, motivadas por actos de terrorismo, teñen por obxecto outorgar unha protección especial aos familiares de quen faleza como consecuencia ou con ocasión de actividades delituosas cometidas por bandas armadas ou elementos terroristas.

Causantes

  • Quen estando afiliado ao sistema da Seguridade Social, se atopen ou non en situación de alta ou asimilada á de alta nalgún dos seus réximes, falezan como consecuencia dun acto de terrorismo do cal non sexan responsables.
  • Os pensionistas de xubilación e incapacidade permanente na súa modalidade contributiva e os pensionistas con dereito a pensión por incapacidade permanente total que optaron pola indemnización especial a tanto alzado a favor dos menores de 60 anos, que falezan como consecuencia destes actos.

Beneficiarios

Contías / Límites / IRPF

O 200% da contía resultante de lle aplicar a porcentaxe que lle corresponda, segundo a pensión da que se trate, á base reguladora. Esta contía determínase de acordo coas normas que regulan o método de cálculo das pensións derivadas de accidente de traballo, con certas peculiaridades.

  • Base reguladora:
    • Se o falecido se encontraba en alta ou en situación asimilada á de alta na data do atentado, determínase dividindo por 14 o resultado de multiplicar por 12 a última base mensual de cotización.

    • Se o falecido non se atopaba en alta ou situación asimilada no momento de producirse aquel, tomarase como base mensual de cotización a base mínima do réxime xeral (contía do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, incrementada nun sexto).

    • Se o falecido tivese a condición de pensionista da Seguridade Social, tomarase como base reguladora a correspondente á pensión que estivera a percibir, actualizándoa conforme a evolución experimentada polo IPC dende o mes de determinación da base reguladora ata o segundo mes anterior ao que se producira a comisión do atentado.

  • Porcentaxe: 

    • Se se trata de viuvez, o 52% ou, no seu caso, ata un 70% cando se acrediten determinados requisitos.

      En caso de nulidade, a contía será proporcional ao tempo vivido en matrimonio co falecido.

    • S se trata de orfandade, o 20% ou, se hai varios orfos, a porcentaxe que, no seu caso, corresponda ata chegar ao límite do 100% da base reguladora, incluíndo a porcentaxe de viuvez. 

      Nos casos de orfandade de pai e nai, a pensión de orfandade increméntase coa porcentaxe do 52% da viuvez (o incremento distribuirase en partes iguais entre os orfos con dereito a pensión, cando sexan varios).

    • Se se trata de pensión en favor de familiares, o 20% ou a porcentaxe que corresponda, e iso sempre que as pensións de viuvez e orfandade non alcanzasen o 100% da base reguladora. 

      Cando á morte do causante non quedase cónxuxe sobrevivente nin fillos con dereito a pensión de orfandade, ou cando o cónxuxe sobrevivente con dereito a pensión de viuvez falecese percibíndoa sen que queden orfos beneficiarios, a pensión en favor dos correspondentes familiares poderá incrementarse coa porcentaxe do 52% de viuvez.

    • Cando existan varios beneficiarios, a suma das contías das prestacións por morte e supervivencia non pode exceder do 100% da base reguladora que corresponda. Esta limitación aplicarase á contía inicial, mais non afectará ás revalorizacións periódicas que procedan de aquí en diante. 

      Non obstante, o límite do 100% poderá ser superado en caso de concorrencia de varias pensións de orfandade con viuvez, cando a esta lle corresponda a porcentaxe do 70%, sen que a suma das pensións de orfandade poida superar, en ningún caso, o 48% da base reguladora. 

      Para os efectos desta limitación, unha vez asignada a pensión de viuvez, recoñeceranse as pensións de orfandade coa contía que lles corresponda e, finalmente, no caso de non alcanzar o 100% da base reguladora, recoñeceranse as "pensións" en favor de familiares seguindo, entre estes últimos, a orde establecida na Lei.

  • Importe mínimo mensual: 

Teñen establecido un importe mínimo mensual equivalente ao triplo do IPREM  vixente en cada momento. Para estes efectos, as pensións familiares compútanse conxuntamente.

  • Importe máximo:

A contía da pensión pode superar o importe máximo establecido para o resto das pensións públicas.

  • Retencións por IRPF: 

Están exentas do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

Complementary Content
${loading}