Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prestacións por accidente escolar

O estudante víctima dun accidente terá dereito ás seguintes prestacións: 

Asistencia médica e farmaceútica

  • Duración:
    • Dende o momento do accidente ata a data da alta médica e a declaración de incapacidade, se o accidente orixinou unha incapacidade permanente absoluta ou unha grande invalidez.
    • Dende o momento do accidente ata que se atope en condicións de volver aos estudos, dentro do prazo máximo dun ano, se o accidente orixina unha incapacidade temporal.
  • Elección de facultativo e centro sanitario:
    • Se non houbese médico e sanatorio concertados ou colaboradores, aboarase ao estudante a totalidade dos gastos orixinados polo accidente.
    • Nos casos de asistencia urxente debidamente xustificada nos que o estudante acudise a centros privados non concertados, ben porque o estudante non se atope en condicións de proceder á elección do centro hospitalario, ou ben pola distancia ata o centro concertado, aboarase ao estudante a totalidade dos gastos ocasionados.
    • Os gastos de desprazamento só se aboarán en caso de urxencia vital. 
  • As prestacións farmacéuticas son gratuítas.
  • A asistencia médica inclúe, no seu caso:
    • O internamento sanatorial e a intervención cirúrxica.
    • O fornecemento e renovación dos aparatos de próteses e ortopédicos que se consideren necesarios para a asistencia.
    • O tratamento de rehabilitación necesario para a curación.
    • As probas médicas necesarias para o seu diagnóstico ou tratamento.

    Indemnizacións e pensións por incapacidade

    • Se o accidente produce unha incapacidade permanente e absoluta para os estudos xa iniciados, aboarase unha indemnización que oscila entre 150,25 euros  e 601,01 euros, fixada proporcionalmente ao tempo de estudos xa realizados e á diminución da capacidade ulterior para unha actividade profesional.
    • Se o accidente produce unha grande invalidez para os estudos, quedando incapacitado o estudante para os actos máis esenciais da vida, abóase unha pensión vitalicia de 144,24 euros anuais.

    Indemnizacións por falecemento

    • Se o accidente producise a morte, aboarase aos familiares 30,05 euros en concepto de gastos de enterro.
    • Se o accidente se producise en lugar distinto ao da residencia familiar, estes gastos poden oscilar entre 30,05 e 120,20 euros.
    • Se o estudante falecido tivese a cargo esposa, fillos, ascendentes directos maiores de 65 anos ou incapacitados para todo traballo, ou irmáns menores de idade ou incapacitados para todo traballo, concederase, ademais, a estes un capital de 300,51 euros.

    Prescrición

     As accións para reclamar as prestacións derivadas do accidente escolar  prescriben ao ano de terse producido o mesmo.
    Complementary Content
    ${loading}