Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Beneficiarios / requisitos

Persoas protexidas

  • Están incluídos no campo de aplicación do Seguro Escolar todos os estudantes españois menores de 28 anos, que cursen en España os seguintes estudos: 
    • Bacharelato,  3º e 4º da ESO.
    • Formación Profesional, de segundo grao, grao medio, superior e especial.
    • Curso de Orientación Universitaria e Bacharelato Unificado Polivalente (estudantes repetidores).
    • Programas de garantía social.
    • Dos centros integrados.
    • Estudos Universitarios de grao medio,  grao superior e de doutorado.
    • De grao superior en conservatorios de música.
    • De grao superior en conservatorios de danza.
    • Arte dramático.
    • Teoloxía nos centros superiores da Igrexa Católica.
    • Segundo curso de educación secundaria de persoas adultas.
    • Estudantes universitarios que realicen prácticas en empresas.
    • Programas de formación para a transición á idade adulta.
  • Quedan, así mesmo, incluídos no ámbito protector deste seguro, os estudantes nacionais dos Estados membros da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo, e, en xeral, todos os estudantes estranxeiros residentes nas mesmas condicións que os españois, sempre que cursen os citados estudos en España e ata a idade de 28 anos. 

Requisitos xerais

  • Ter menos de 28 anos, aínda que o Seguro Escolar cubrirá todo o ano no que o estudante faga estes anos.

  • Ser español ou estranxeiro que resida legalmente en España. Non procederá a cobertura do Seguro Escolar para os estudantes en situación irregular en España. 

  • Estar matriculado en España nalgún dos estudos citados no apartado anterior.

  • Ter aboada a cota correspondente do Seguro Escolar neste ano.

  • Acreditar que transcorreu  un período mínimo dun ano dende que o estudante se matriculou por primeira vez en calquera centro de ensino dos comprendidos neste seguro. O devandito ano de carencia adicional pode referirse ao ano inmediatamente anterior ao que ten lugar a prestación ou ser mesmo anterior. Ademais, non se esixirá o presente requisito para as prestacións derivadas de accidente escolar, infortunio familiar por falecemento do cabeza de familia e tocoloxía.

Aqueles estudantes que non reúnan as anteriores condicións de aplicación do Seguro Escolar non terán a obriga de aboar a cota do Seguro Escolar. Polo tanto, os centros obrigados a remitir a listaxe de alumnos incluídos no Seguro Escolar á Tesourería Xeral da Seguridade Social e á correspondente consellaría de Educación non deberán incluír os estudantes exentos do Seguro Escolar.


Complementary Content
${loading}