Requisitos
-
Que a invalidez sexa absoluta e permanente para a profesión habitual e sexa a causa determinante do cesamento no traballo.
-
Que non sexa por causa imputable ao traballador ou derivada dun accidente de traballo ou enfermidade profesional indemnizables.
-
Acreditar 1.800 días de cotización ao Seguro de Vellez e Invalidez (SOVI) antes de 1-1-67. Non se considera válida, a estes efectos, a simple afiliación ao extinguido Réxime de Retiro Obreiro.
-
Ter 50 anos cumpridos. Non obstante, se a invalidez está constituída pola perda total de movementos nas extremidades superiores ou inferiores, ou perda total de visión, ou alienación mental incurable, recoñécese a partir dos 30 anos.