Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo, en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais ou pais con discapacidade

Pode enlazar a sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

Prestación económica de pagamento único a tanto alzado que se recoñece polo nacemento ou adopción de fillo en familias numerosas ou que, con tal motivo, adquiran a devandita condición, en familias monoparentais e nos casos de nais ou pais que padezan unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, sempre que non se supere un determinado nivel de ingresos.

Non se recoñece a prestación nos supostos de acollemento familiar.

Fillos que dan dereito á prestación

Serán causantes os fillos nacidos ou adoptados, a partir do 16-11-2007, nunha familia numerosa ou que, con tal motivo, adquira a devandita condición, nunha familia monoparental  ou nos supostos de nais que padezan unha discapacidade igual ou superior ao 65%,  sempre que o nacemento se producise en territorio español ou que a adopción fose constituída ou recoñecida por autoridade española competente. Para estes efectos:

  • Entenderanse como nacidos os que reúnan as condicións que determina o artigo 30 do Código Civil: "A personalidade adquírese no momento do nacemento con vida, unha vez producido o enteiro desprendemento do seo materno."

  • Para a consideración de familia numerosa, estarase ao establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

  • Enténdese por familia monoparental, a constituída por un "só proxenitor" co que convive o fillo nacido ou adoptado e que é o único sustentador da familia.


Beneficiarios / requisitos

Os proxenitores ou adoptantes, polo nacemento ou adopción de fillo, sempre que:

  • Residan legalmente en territorio español.
  • Non perciban ingresos anuais, de calquera natureza, superiores aos límites establecidos anualmente na correspondente Lei de Presupostos Xerais do Estado. Nos supostos de convivencia, se a suma dos ingresos dos proxenitores ou adoptantes superase os límites establecidos, non se recoñecerá a condición de beneficiario a ningún deles.
  • Non teñan dereito a prestacións desta mesma natureza en calquera outro réxime público de protección social.

Determinación do suxeito beneficiario

  • No suposto de familias  numerosas, será beneficiario:
    • Se existe convivencia, calquera dos proxenitores ou adoptantes de común acordo. Á falta de acordo, será beneficiaria a nai, no seu caso.
    • Se non existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia do fillo.
  • No suposto de familias monoparentais: será beneficiario o proxenitor co que convive o fillo nacido ou adoptado e é único sustentador da familia.
  • Nos casos de nais ou pais con discapacidade: será beneficiaria a nai que acredite unha discapacidade igual ou superior ao 65 %.
  • Cando o fillo quedase orfo de ambos os dous proxenitores ou adoptantes ou estea abandonado, será beneficiaria a persoa física que legalmente se faga cargo daquel.

Contía

  • A prestación abóase nun pagamento único, cuxa contía ascende a 1.000,00 euros, sempre que os ingresos do beneficiario non superen o límite establecido.
  • Contía por diferenzas: se os ingresos anuais percibidos, de calquera natureza, superan o límite establecido (Lm) pero son inferiores ao importe conxunto que resulte de sumarlle a este límite o importe da prestación (LM), a contía que haberá que aboar será igual á diferenza entre os ingresos percibidos polo beneficiario e o indicado importe conxunto.
  • Non se recoñecerá a prestación nos supostos en que a diferenza a que se refire o parágrafo anterior sexa inferior a 10,00 euros.

Téñense en conta os seguintes límites de ingresos dependendo de que o beneficiario forme parte ou non dunha familia numerosa e teña tres ou máis fillos ou menores ao seu cargo.


FAMILIAS NUMEROSAS, MONOPARENTAIS E NAIS OU PAIS DISCAPACITADOS
FILLOS A CARGO LÍMITE MÍNIMO DE INGRESOS ASIGNACIÓN ÍNTEGRA ANUAL (A)(1) LÍMITE MÁXIMO (LM) Ingresos > Lm < LM (2) ASIGNACIÓN ANUAL POR DIFERENZAS (D) (3) NIVEL MÁXIMO INGRESOS (4)
1 14.011,00 1.000,00 15.011,00 15.011,00 - I > = 10,00 15.001,00
2 16.112,65 1.000,00 17.112,65 17.112,65 - I > = 10,00 17.102,65
3 18.214,30 1.000,00 19.214,30 19.214,30 - I > = 10,00 19.204,30
4 20.315,95 1.000,00 21.315,95 21.315,95 - I > = 10,00 21.305,95
5 22.417,60 1.000,00 23.417,60 23.417,60 - > = 10,00 23.407,60
6 24.519,25 1.000,00 25.519,25 25.519,25 - I > = 10,00 25.509,25
7 26.620,90 1.000,00 27.620,90 27.620,90 - I > = 10,00 27.610,90
8 28.722,55 1.000,00 29.722,55 29.722,55 - I > = 10,00 29.712,55
9 30.824,20 1.000,00 31.824,20 31.824,20 - I > = 10,00 31.814,20
10

32.925,85

1.000,00 33.925,85 33.925,85 - I > = 10,00 33.915,85
n Lm = 14.011,00 +2.101,65
(n - 1)
A  = 1.000,00  LM  = Lm  + A  D  = LM   - I  sempre que D >= 10,00 euros Nivel máximo =
LM  -  10,00


FAMILIAS NUMEROSAS, MONOPARENTAIS E NAIS OU PAIS DISCAPACITADAS A PARTIR DE TRES FILLOS (Con título de familia numerosa)
FILLOS A CARGO (n) LÍMITE MÍNIMO (Lm) Ingresos <Lm> ASIGNACIÓN ÍNTEGRA ANUAL (A)(1) LÍMITE MÁXIMO (LM)Ingresos > Lm < LM (2) ASIGNACIÓN ANUAL POR DIFERENZAS (D) (3) NIVEL MÁXIMO INGRESOS (4)
3 21.086,00 1.000,00 22.086,00 22.086,00 - I > = 10,00 22.076,00
4 24.502,00 1.000,00 25.502,00 25.502,00 - I > = 10,00 25.492,00
5 27.918,00 1.000,00 28.918,00 28.918,00 - I > = 10,00 28.908,00
6 31.334,00 1.000,00 32.334,00 32.334,00 - I > = 10,00 32.324,00
7 34.750,00 1.000,00 35.750,00 35.750,00 - I > = 10,00 35.740,00
8 38.166,00 1.000,00 39.166,00 39.166,00 - I > = 10,00 39.156,00
9 41.582,00 1.000,00 42.582,00 42.582,00 - I > = 10,00 42.572,00
10 44.998,00 1.000,00 45.998,00 45.998,00 - I > = 10,00 45.988,00
n Lm  = 21.086,00 + 3.416,00 (n-3) para n I>=  3 A= 1.000,00 LM = Lm + A D  = LM  - I sempre que D |>= 10,00 euros Nivel máximo =
LM- 10,00
REGRAS DE APLICACIÓN:
  • (1) Aboarase o importe da prestación íntegra (A), se os ingresos anuais son inferiores ou iguais ao límite mínimo (Lm) en función dos causantes totais.
  • (2) Límite máximo computable (LM) para comprobar se procede asignación por diferenzas (D). O límite máximo (LM) é o límite mínimo (Lm) máis 1.000 euros por cada causante menor de 18 anos. 
  • (3) Percibirase unha asignación anual (D) igual á diferenza entre o límite máximo (LM) e os ingresos (I) sempre que a devandita diferenza supere ou sexa igual a 10 euros/ano.
  • (4) Se os ingresos anuais (I) son superiores a estes importes, non se percibirá asignación.
  • (5) O límite mínimo de ingresos xeneral increméntase nun 15% por cada fillo ou menor a cargo a partir do segundo, incluído. O límite mínimo de ingresos no caso das familias numerosas increméntase en 2023 en 3.416 euros por cada fillo ou menor a cargo a partir do cuarto, incluído.

Compatibilidades

A prestación é compatible con:

Incompatibilidades

  • Cando concorran nos dous proxenitores ou adoptantes as circunstancias necesarias para ter a condición de beneficiarios, o dereito a percibir a prestación só poderá ser recoñecido en favor dun deles.
  • A prestación é incompatible coa percepción, por parte dos proxenitores ou adoptantes, de calquera outra prestación análoga establecidas nos restantes réximes públicos de protección social (MUFACE, ISFAS, MUGEJU?).
  • Cando os beneficiarios poidan ter dereito á mesma prestación, por un mesmo suxeito causante, en varios réximes públicos de protección social, deberán optar por un deles.

Documentos que deben acompañar a solicitude

EXHIBICIÓN DOS SEGUINTES DOCUMENTOS EN ORIXINAL E EN VIGOR:

  1. Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI) do solicitante e do outro/a proxenitor/a adoptante.

  2. Estranxeiros:

    • Cidadáns da UE/|EEE   ou Suíza: certificado de rexistro de cidadán da Unión ou Certificado do dereito a residir con carácter permanente xunto con pasaporte ou documento de identidade en vigor (|arts.  7.1 e 10.1 do |RD  240/2007, do 16 de febreiro).

    • Membros da familia dun cidadán da UE/EEE ou Suíza que non ostenten a nacionalidade dun dos devanditos Estados: tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión ou resgardo acreditativo da presentación da solicitude da tarxeta (arts. 8 e 10.3 do RD 240/2007, do 16 de febreiro).

    • Non nacionais da UE/EEE ou Suíza que residan en territorio nacional:

      • Tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE) para os solicitantes, outros proxenitores e causantes ou autorización de residencia temporal ou permanente, segundo proceda.

      • Solicitude da tarxeta ou da autorización de residencia, para fillos nacidos en España de non nacionais da UE/EEE ou Suíza.

      Número de Identidade de estranxeiro (NIE) en todos os supostos.

    PRESENTACIÓN DOS SEGUINTES DOCUMENTOS EN ORIXINAL E EN VIGOR E FOTOCOPIAS COMPULSADAS OU COPIAS PARA PROCEDER Á SÚA COMPULSA:

  3. Certificado de empadroamento de beneficiarios e causantes (só nos supostos previstos no RD 523/2006, do 28 de abril).

  4. Libro de familia ou certificado en extracto das partidas de nacemento dos fillos, expedido polo Rexistro Civil correspondente.

  5. Xustificante de ingresos. Deberá presentar, no seu caso, a documentación que acredite o nivel de rendas indicado na solicitude.


    SÓ SE SE ATOPA NUNHA DESTAS SITUACIÓNS:

  6. En supostos de separación xudicial ou divorcio: sentenza xudicial que acredite estas situacións ou documento polo que se establece a garda e custodia dos fillos.

  7. No suposto de fillos con discapacidade: título de discapacidade expedido polo IMSERSO ou organismo competente da Comunidade Autónoma.

  8. En supostos de familia numerosa: título de familia numerosa.

  9. En supostos de nai ou pai con discapacidade: título de discapacidade expedido polo IMSERSO ou organismo competente da Comunidade Autónoma.
  10. En suposto de tutela: resolución xudicial mediante a que se constitúa a tutela.


Complementary Content
${loading}