Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prestación económica por parto ou adopción múltiples

 

Pode ir á sección Trámites e xestións para ver unha versión simplificada.

Prestación de pagamento único que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce nas familias o nacemento ou a adopción de dous ou máis fillos por parto ou adopción múltiples.

 

Fillos que dan dereito á prestación

Serán causantes os fillos nacidos ou adoptados por parto ou adopción múltiples, sempre que:

  • O número de nacidos ou adoptados sexa igual ou superior a dous. Para estes efectos:
    • Entenderanse como nacidos, os que reúnan as condicións que expresa o artigo 30 do Código Civil: "A personalidade adquírese no momento do nacemento con vida, unha vez producido o enteiro desprendemento do seo materno. "

    • Se algún dos fillos estivese afectado por unha discapacidade igual ou superior ao 33%, computará o dobre. Non causa dereito á prestación o nacemento ou adopción dun só fillo cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. 

  • O nacemento ou a formalización da adopción tivese lugar en España. Para estes efectos, reputarase producido en España o nacemento ou a adopción que teña lugar no estranxeiro cando se acredite que o fillo se integrou de xeito inmediato nun núcleo familiar con residencia en territorio español. 

Beneficiarios

As persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Residir legalmente en territorio español. Considérase cumprida esta condición no suposto de traballadores trasladados pola súa empresa fóra do territorio español, que se atopen en situación asimilada á de alta e coticen no correspondente réxime de Seguridade Social español.
  • Non teñan dereito a prestacións desta mesma natureza en calquera outro réxime público de protección social.

Determinación do suxeito beneficiario

  • Se existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario:
    • Calquera deles, de común acordo. Presúmese que existe acordo, cando a prestación se solicite por un daqueles.

    • A falta de acordo, será beneficiaria a nai.

    • Se non existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia dos fillos.
    • Cando os suxeitos causantes queden orfos dos dous proxenitores ou adoptantes ou sexan abandonados, será beneficiaria a persoa física que legalmente se faga cargo dos nacidos ou adoptados.

    Contías

    A prestación consiste nun pagamento único, cuxa contía será:

    |N.º de fillos nacidos N.º de veces do importe mensual do salario mínimo interprofesional (SMI) Importes segundo o SMI actual
    2 4 4.536 euros
    3 8 9.072 euros
    4 e máis 12 13.608 euros


    SMI MENSUAL: 1.134 euros

    SMI DIARIO: 37,8 euros

    Compatibilidades

    A prestación por parto ou adopción múltiples é compatible con:

    • A prestación familiar por familia numerosa, monoparental ou pai ou nai con discapacidade causa polo mesmo ou diferente suxeito.
    • As asignacións económicas por fillo ou menor acollido a cargo.
    • A pensión de orfandade e en favor de netos e irmáns que, se é o caso, poidan corresponder.
    • Outras axudas económicas análogas concedidas por unha Administración Local ou Autonómica.
    • O subsidio especial de maternidade por parto múltiple causado por un mesmo suxeito.
     

    Incompatibilidades

    • Cando concorran nos dous proxenitores ou adoptantes ou, no seu caso, nos acolledores as circunstancias necesarias para ter a condición de beneficiarios, o dereito a percibir a prestación só poderá ser recoñecido en favor dun deles.
    • A prestación é incompatible coa percepción, por parte dos proxenitores ou adoptantes ou, no seu caso, dos acolledores, de calquera outra prestación análoga establecida nos restantes réximes públicos de protección social.
    • No suposto de que un dos proxenitores ou adoptantes estea incluído, en razón da actividade desempeñada ou pola súa condición de pensionista, nun réxime público de Seguridade Social, a prestación correspondente será recoñecida por este réxime, sempre que reúna os requisitos necesarios para ser beneficiario desta prestación.
    • Cando os beneficiarios poidan ter dereito á mesma prestación, por un mesmo suxeito causante, en varios réximes públicos de protección social, deberán optar por un deles.

    Documentos que deben acompañar a solicitude

    EXHIBICIÓN DOS SEGUINTES DOCUMENTOS EN ORIXINAL E EN VIGOR

    1. Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI) do solicitante e do outro proxenitor/a adoptante.

    2. Estranxeiros:    

    • Cidadáns da UE/|EEE   ou Suíza: certificado de rexistro de cidadán da Unión ou Certificado do dereito a residir con carácter permanente xunto con pasaporte ou documento de identidade en vigor (art.  7.1 e 10.1 do |RD  240/2007, do 16 de febreiro).
    • Membros da familia dun cidadán da UE/EEE ou Suíza que non ostenten a nacionalidade dun dos devanditos Estados: tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión ou resgardo acreditativo da presentación da solicitude da tarxeta (art. 8 e 10.3 do RD 240/2007, do 16 de febreiro).
    • Non nacionais da UE/EEE ou Suíza que residan en territorio nacional:

      • Tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE) para os solicitantes, outros proxenitores e causantes ou autorización de residencia temporal ou permanente, segundo proceda.
      • Solicitude da tarxeta ou da autorización de residencia, para fillos nacidos en España de non nacionais da UE/EEE ou Suíza.

        Número de Identidade de estranxeiro (NIE) en todos os supostos.

    PRESENTACIÓN DOS SEGUINTES DOCUMENTOS EN ORIXINAL E EN VIGOR E FOTOCOPIAS COMPULSADAS OU COPIAS PARA PROCEDER Á SÚA COMPULSA:

    3. Certificado de empadroamento de beneficiarios e causantes (só nos supostos previstos no RD 523/2006, do 28 de abril).

    4. Libro de familia o certificado en extracto das partidas de nacemento dos fillos, expedido polo Rexistro Civil correspondente.

    SÓ SE SE ATOPA NUNHA DESTAS SITUACIÓNS:

    5. En supostos de separación xudicial ou divorcio: sentenza xudicial que acredite estas situacións ou documento polo que se establece a garda e custodia dos fillos.

    6. No suposto de fillos con discapacidade: título de discapacidade expedido polo IMSERSO ou organismo competente da Comunidade Autónoma. 

    7. No suposto de tutela: resolución xudicial mediante a que se constitúe a tutela.

    Formulario de solicitude


    En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
    Documentos Descarga Fecha
    Solicitude de prestación por nacemento ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais, e nais ou pais con discapacidade - Parto ou adopción múltiples Descargar documento Solicitude de prestación por nacemento ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais, e nais ou pais con discapacidade - Parto ou adopción múltiples. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Solicitude de prestación por nacemento ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais, e nais ou pais con discapacidade - Parto ou adopción múltiples. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,3361 KB) 16/08/2023
    Complementary Content
    ${loading}