Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Contía / Aboamento

Contía

A contía obtense aplicando a porcentaxe do 20% á base reguladora, co límite máximo establecido:

  • Cando existan varios beneficiarios, a suma das contías das prestacións por morte e supervivencia non pode exceder do 100% da base reguladora que corresponda. Esta limitación aplicarase á contía inicial, mais non afectará ás revalorizacións periódicas que procedan de aquí en diante.

Para os efectos desta limitación, as pensións de orfandade teñen preferencia sobre as "pensións" en favor doutros familiares e, polo que respecta a estas, a orde de preferencia é a seguinte:

    1. Netos e irmáns, menores de 18 anos ou maiores incapacitados, do causante.
    2. Pai e nai do causante.
    3. Avós e avoas do causante.
    4. Fillos e irmáns do pensionista de xubilación ou incapacidade permanente, na súa modalidade contributiva, maiores de 45 anos e que reúnan os demais requisitos establecidos.

Regras especiais:

  • Se á morte do causante non quedase cónxuxe sobrevivente nin fillos con dereito a pensión de orfandade, ou cando o cónxuxe sobrevivente con dereito a pensión de viuvez falecese estando no gozo desta sen que queden orfos beneficiarios, a pensión en favor dos correspondentes familiares poderá incrementarse coa porcentaxe (52%) de viuvez.

O incremento atribuirase, en primeiro lugar, aos netos e irmáns do causante e, na súa ausencia, aos ascendentes e fillos ou irmáns dos pensionistas de incapacidade permanente ou xubilación contributivas con dereito a pensión en favor de familiares, distribuíndose por partes iguais entre os beneficiarios.

  • Se o falecemento deriva de accidente de traballo ou enfermidade profesional e os beneficiarios son os pais que estaban a cargo do falecido, sempre que non existan outros familiares do causante con dereito a pensión, nin os propios pais teñan dereito a ela, concédese a estes unha indemnización especial a tanto alzado:
    • De 9 mensualidades da base reguladora, se se trata dun ascendente.
    • De 12 mensualidades da base reguladora, se se trata de ambos ascendentes.

    Aboamento

    • A pensión abóase aos beneficiarios mensualmente, con dúas pagas extraordinarias ao ano, que se fan efectivas coas mensualidades de xuño e novembro, agás nos casos de accidente de traballo e enfermidade profesional, nos que están pro rateadas dentro das doce mensualidades ordinarias.
    • A pensión, incluído o importe da pensión mínima, revalorízase ao comezo de cada ano, de acordo co disposto no artigo 58 da Lei Xeral da Seguridade Social e no Real Decreto de revalorización de pensións que se publica anualmente.
    • Garántense contías mínimas mensuais por beneficiario. Se non existe viúva/o nin orfo pensionista, distínguese:
      • Un só beneficiario con 65 anos.

      • Un só beneficiario menor de 65 anos.

      • Varios beneficiarios.

      • A pensión está suxeita a tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e sometida, de ser o caso, ao sistema xeral de retencións a conta do imposto, coas seguintes excepcións: estará exenta se deriva de actos de terrorismo ou se foi recoñecida como consecuencia dunha incapacidade permanente nos graos de absoluta ou grande invalidez.
      • A pensión aboarase nos casos de menores ou incapacitados: 

        • Se o orfo é menor de 18 anos, a quen o teña ao seu cargo, en tanto cumpra coa obriga de mantelo e educalo, ou a quen teña atribuída a garda do menor, se este se atopa en situación de desamparo constatado pola entidade pública competente.

          En ningún caso, será aboada a pensión a quen fose condenado, por sentenza firme, pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas ou de lesións cando a ofendida polo delito fose o seu cónxuxe ou ex cónxuxe, ou estivese ou estivera ligado a ela por análoga relación de afectividade, aínda sen convivencia, agás que mediara reconciliación entre eles.  

        • Se o orfo é maior de 18 anos, aboarase directamente a este, agás que fose declarado incapacitado xudicialmente, en cuxo caso se aboará a quen teña atribuída a súa garda.

      Complementary Content
      ${loading}