Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Extinción

  1. Por facer 21 anos (agás que en tal momento tivese reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez). 
    Cando só existe un proxenitor, se o orfo non traballa ou os seus ingresos son inferiores ao SMI:
    • Dende o 02-08 ao 31-12 de 2011, ao facer 22 anos.
    • Durante 2012, ao facer 23 anos.
    • Durante 2013, ao facer 24 anos.
    • A partir de 2014, ao facer 25 anos ou dende o primeiro día do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico
      Cando non exista ningún proxenitor ou o orfo presentase unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%, se o orfo traballa ou os seus ingresos son inferiores ao SMI, a pensión extinguirase aos 25 anos.
      Se o orfo estivese cursando estudos e cumprise 25 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión manterase ata o 1º día do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico.
  2. Por concluír a incapacidade que lle outorgaba o dereito á pensión.
  3. Por adopción.
  4. Por contraer matrimonio, agás que estivese afectado de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez (aplicable aos matrimonios celebrados a partir de 23-11-2005).
  5. Por falecemento.
  6. Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.

Se ao extinguirse a pensión, por algunha das catro primeiras causas, o beneficiario non devindicou 12 mensualidades desta, seralle entregada dunha soa vez a cantidade precisa para completalas.

Será a mesma regra de aplicación cando o beneficiario non chegase a devindicar cantidade algunha da pensión de orfandade antes de chegar á idade límite para ser perceptor deste, por tela solicitado en data posterior a chegar a esta idade, sempre que na data do feito causante reunise as condicións para ser beneficiario.

Complementary Content
${loading}