Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Compatibilidades / Incompatibilidades

Co traballo

A pensión de orfandade é compatible con calquera renda de traballo de quen sexa ou fose cónxuxe do causante, ou do propio orfo, así como coa pensión de viuvez que aquel perciba. Non obstante, debe terse en conta que:

  • Recoñecido o dereito á pensión de orfandade ou, de ser o caso, prolongado o seu gozo, aquel queda en suspenso cando o orfo beneficiario realice un traballo por conta allea ou propia, en virtude do cal obteña uns ingresos(teranse en conta as retribucións e as prestacións de Seguridade Social -desemprego, incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade- substitutivas daquelas) que, en cómputo anual, sexan superiores ao 100% do SMI que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual, producíndose os seguintes efectos:
    • Se o orfo é menor de 21 anos ou ten reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, a pensión aboarase con independencia da contía dos ingresos que obteña derivados do seu traballo. 
    • Se o orfo é maior de 21 anos, non incapacitado, a pensión de orfandade suspenderase:
      • Na data na que faga 21 anos, unicamente, naqueles casos nos que os ingresos derivados do traballo que viñese realizando o menor, non incapacitado, superen o límite establecido.
      • Desde o día seguinte a aquel no que inicie un traballo por conta allea ou propia (sempre que os ingresos obtidos deste superen o límite establecido), ou desde o momento no que os ingresos que se viñesen obtendo superen este límite.
  • O dereito á pensión recuperarase cando se extinga o contrato de traballo, conclúa a actividade por conta propia ou, de ser o caso, finalice a prestación por desemprego, incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou maternidade ou, nos supostos en que se continúe na realización dunha actividade ou na percepción dunha prestación, cando os ingresos derivados dunha ou outra non superen os límites establecidos.
  • A percepción da pensión é compatible co desempeño dun posto de traballo no sector público, coas mesmas condicións e requisitos ca no sector privado.

Con outras prestacións

Con carácter xeral, as pensións dun mesmo réxime son incompatibles entre si cando coinciden nun mesmo beneficiario, a non ser que se dispoña o contrario, legal ou regulamentariamente. En caso de incompatibilidade, quen puidese ter dereito a dous ou máis pensións optará por unha delas.

Con pensión de incapacidade permanente/xubilación:

  • Os orfos con dereito a pensión de orfandade que teñan reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez e que perciban outra pensión da Seguridade Social en razón da mesma incapacidade, deberán optar entre unha e outra.
  • Cando o orfo fose declarado incapacitado para o traballo con anterioridade ao cumprimento da idade de 18 anos, a pensión de orfandade que viñera percibindo será compatible coa de incapacidade permanente que puidera causar, despois dos 18 anos, como consecuencia dunhas lesións distintas ás que deron lugar á pensión de orfandade ou, no seu caso, coa pensión de xubilación que puidera causar en virtude do traballo que realice por conta propia ou allea.

Con pensión de viuvez:

A pensión de orfandade que perciba o orfo incapacitado que contraese matrimonio será incompatible coa pensión de viuvez á que posteriormente puidese ter dereito e deberá optar entre unha ou outra.

Con outra pensión de orfandade:

  • Son compatibles as pensións de orfandade causadas por cada un dos pais, aínda que sexan do mesmo réxime, se ben soamente unha delas poderá ser incrementada coa porcentaxe de viuvez.
  • Se o causante non se atopase de alta ou en situación asimilada á de alta na data do falecemento, será incompatible co recoñecemento doutra pensión de orfandade en calquera dos réximes da Seguridade Social, agás que as cotizacións acreditadas en cada un dos réximes se superpoñan, polo menos, durante 15 anos.
Complementary Content
${loading}