Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Xubilación parcial. Industria manufactureira. Aplicación da normativa anterior á Lei 27/2011, do 1 de agosto para feitos causantes de 08-12-2018 a 31-12-2023

O Real Decreto Lei 20/2022, do 27 de decembro, modificou a alínea 6 á disposición transitoria cuarta do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, estendendo os efectos previstos nesta, de tal maneira que seguirase aplicando a regulación para a modalidade de xubilación parcial con simultánea celebración de contrato de relevo, vixente con anterioridade á entrada en vigor da Lei 27/2011, do 1 de agosto, a pensións causadas antes do 1 de xaneiro de 2024, sempre e cando se acredite o cumprimento dos seguintes requisitos:

  • Que o traballador que solicite o acceso á xubilación parcial realice directamente funcións que requiran esforzo físico ou alto grao de atención en tarefas de fabricación, elaboración ou transformación, así como nas de montaxe, posta en funcionamento, mantemento e reparación especializados de maquinaria e equipo industrial en empresas clasificadas como industria manufactureira.

  • Que o traballador que solicite o acceso á xubilación parcial acredite un período de antigüidade na empresa de, polo menos, seis anos inmediatamente anteriores á data da xubilación parcial. Para tal efecto, computarase a antigüidade acreditada na empresa anterior se mediou unha sucesión de empresa nos termos previstos no artigo 44 do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, ou en empresas pertencentes ao mesmo grupo.

  • Que no momento do feito causante da xubilación parcial a porcentaxe de traballadores na empresa cuxo contrato de traballo o sexa por tempo indefinido, supere o 70 por cento do total dos traballadores do seu cadro de persoal.

  • Que a redución da xornada de traballo do xubilado parcial abranga un mínimo dun 25 por cento e un máximo do 67 por cento, ou do 80 por cento para os supostos en que o traballador remudista sexa contratado a xornada completa mediante un contrato de duración indefinida. As devanditas porcentaxes entenderanse referidas á xornada dun traballador a tempo completo comparable.

  • Que exista unha correspondencia entre as bases de cotización remudista e do xubilado parcial, de modo que a do traballador remudista non poderá ser inferior ao 65 por cento da media das bases de cotización correspondentes aos seis últimos meses do período de base reguladora da pensión de xubilación parcial.

  • Que se acredite un período de cotización de trinta e tres anos na data do feito causante da xubilación parcial, sen que para estes efectos se teña en conta a parte proporcional correspondente por pagas extraordinarias. Para estes exclusivos efectos, só se computará o período de prestación do servizo militar obrigatorio ou da prestación social substitutiva ou do servizo social feminino obrigatorio co límite máximo dun ano.

No suposto de persoas con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento, o período de cotización esixido será de vinte e cinco anos. 

Complementary Content
${loading}