Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Xubilación anticipada de traballadores cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

A idade ordinaria de xubilación pode ser rebaixada mediante a aplicación de coeficientes redutores, no caso de traballadores afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Beneficiarios / requisitos

Os traballadores por conta allea incluídos no Réxime Xeral e nos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e da Minaría do Carbón, que realicen unha actividade retribuída e durante esta acrediten o grao de discapacidade establecido, sempre que cumpran os demais requisitos esixidos (período de cotización e feito causante).

    Redución da idade de xubilación

    A idade ordinaria esixida para o acceso á pensión de xubilación, reducirase nun período equivalente ao que resulte de aplicar ao tempo efectivamente traballado os coeficientes que se indican, sempre que durante os períodos de traballo realizados se acrediten os seguintes graos de discapacidade:

    • O coeficiente do 0,25, nos casos en que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior o 65%.
    • O coeficiente do 0,50, nos casos en que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e acredite a necesidade do concurso doutra persoa para a realización dos actos esenciais da vida ordinaria.

    Idade mínima:

    A partir do 01-01-08, a aplicación dos correspondentes coeficientes redutores da idade non pode dar lugar a que o interesado poida acceder á pensión de xubilación antes dos 52 anos de idade.

    Esta limitación non afectará os traballadores dos Réximes Especiais (Minaría do Carbón e Traballadores do Mar) que, a 01-01-08, tivesen recoñecidos coeficientes redutores da idade de xubilación, aos que se aplicará a normativa anterior.

    Cómputo do tempo efectivamente traballado: 

    Descontaranse todas as faltas ao traballo, agás as seguintes:

    • As que teñan por motivo a baixa médica por enfermidade común ou profesional, ou accidente, sexa ou non de traballo.
    • As que teñan por motivo a suspensión do contrato de traballo por maternidade, adopción ou acollemento, risco durante o embarazo ou a lactación natural.
    • As autorizadas nas correspondentes disposicións laborais con dereito a retribución.

    Efectos:

    Dende o 01-01-08, os coeficientes redutores non serán tidos en conta:

    • Para os efectos de acreditar a idade esixida para acceder á xubilación parcial (agás que, por dereito transitorio, se aplique a lexislación anterior ao 01-01-08), á xubilación anticipada coa condición de mutualista e a calquera outra modalidade de xubilación anticipada.
    • Nin tampouco para xerar a porcentaxe adicional establecida para aqueles que se xubilan despois da idade ordinaria de xubilación esixida en cada momento.

    Cálculo da pensión

    O período de tempo en que resulte reducida a idade de xubilación do traballador, computarase como cotizado ao exclusivo efecto de determinar a porcentaxe aplicable para calcular o importe da pensión de xubilación.

    Efectos dos coeficientes na xubilación noutros réximes

    Tanto a redución da idade como o cómputo, a efectos de cotización, do tempo no que resulte reducida aquela, serán de aplicación aínda que a pensión se cause en calquera outro réxime da Seguridade Social.

    Acceso á xubilación anticipada

    • Aos traballadores afectados por unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 65 % que, se tiveron a condición de mutualista en calquera mutualidade de traballadores por conta allea no día 1-1-1967 ou noutra data anterior, teñan dereito, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira.1.2ª do texto refundido da LGSS , a causar a pensión de xubilación a partir dos 60 anos, seranlles de aplicación os coeficientes establecidos do 0,25 ou 0,50, para os efectos de determinar o coeficiente redutor da contía da pensión de xubilación que corresponda en cada caso, e terase en conta, para todos os demais efectos, a idade real do traballador.

    As referencias contidas ao 1 de xaneiro de 1967 entenderanse realizadas á data que se determine nas súas respectivas normas reguladoras, respecto dos réximes ou colectivos que consideren outra data distinta, en orde á posibilidade de anticipar a idade de xubilación.

    • Igual regra será de aplicación aos traballadores afectados por unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 65 % que desexen xubilarse anticipadamente, de acordo co previsto no art.º 206 do citado texto refundido, a partir dos 61 anos de idade.

    Acreditación da discapacidade

    A existencia da discapacidade, así como do grao correspondente, acreditaranse mediante certificación do Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou do órgano correspondente da respectiva comunidade autónoma que recibise a transferencia das funcións e servizos daquel.

    Cando non sexa posible a expedición de certificación polos órganos antes mencionados, por tratarse de períodos anteriores á asunción de competencias na materia por estes, a existencia da discapacidade poderá acreditarse por certificación ou acto administrativo de recoñecemento desta condición, expedido polo organismo que tivese estas atribucións en cada momento, e, no seu defecto, por calquera outro medio de proba que se considere suficiente pola Entidade xestora da Seguridade Social.

    Complementary Content
    ${loading}