Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Solicitudes

Documentos necesarios para o trámite da súa prestación

Os documentos que se indican a continuación presentaranse en orixinal e acompañados de copia para a súa  compulsa, agás para os documentos de identidade  nos que será suficiente a exhibición do orixinal.

Se os documentos foron emitidos por organismos estranxeiros, será necesario que cumpran os requisitos de legalización para ser válidos en España.

EN TODOS OS CASOS

Acreditación de identidade do solicitante e do representante legal, se o houbese,  mediante a seguinte documentación en vigor:

  • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • Estranxeiros: Pasaporte ou, se é o caso, documento de identidade vixente no seu país e Número de Identificación do Estranxeiro (NIE) esixido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria para os efectos de pagamento.
  • Documentación acreditativa da representación legal, se é o caso.

Documentación relativa á cotización:

  • Traballador por conta allea do Réxime Xeral: Certificados das  empresas nas que se encontra de alta ao iniciar a incapacidade temporal  e/ou recaída.  
  • Traballador por conta propia: xustificante do pagamento de cotas dos tres últimos meses.

Datos médicos (Se non constan nos ficheiros informáticos do INSS os exemplares enviados polo Servizo Público de Saúde) :

  • Partes de baixa e, no seu caso, de confirmación da baixa.
  • Se o traballador procede de pagamento delegado, parte/s de confirmación seguinte/s ao último abonado pola empresa.
  • Se se produciu a alta médica, parte médico de alta.

Parte de accidentes de traballo ou enfermidade profesional (AT  e EP ), cuberto pola empresa, se a baixa é por continxencias profesionais.

DOCUMENTOS QUE ACREDITEN A EXTINCIÓN DA RELACIÓN LABORAL:

Se a extinción se produce nos 15 primeiros días da incapacidade temporal: contrato de traballo e prórrogas.

En caso de despedimento: carta de despedimento, acta de conciliación ou sentenza.

OUTRA DOCUMENTACIÓN:

Declaración de situación de actividade, só para os traballadores do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (a excepción dos incluídos no Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios e dos traballadores economicamente dependentes). A falta de presentación impedirá iniciar o pagamento da prestación. A omisión da súa presentación, dentro dos 45 días, levaría consigo o inicio do expediente sancionador.

Libro de familia, e no seu caso, certificado de discapacidade dos menores ao seu cargo co grao recoñecido, para os supostos de extinción da relación laboral, co fin de aplicar os topes de desemprego contributivo.

Empresa de menos de 10 traballadores: Lémbrase que é necesaria unha comunicación previa á solicitude, cunha antelación mínima de 15 días, de que a empresa traslada ao INSS  a súa obriga de pagamento directo a partir do día   do mes natural seguinte.

Traballador eventual do Sistema Especial Agrario, con contrato escrito vixente e que non prestou servizos na data da baixa médica: contrato selado pola oficina de emprego correspondente.

Complementary Content
${loading}