Beneficiarios / requisitos

Requisitos xerais

  • Ter menos de 28 anos, aínda que o Seguro Escolar cubrirá todo o ano no que o estudante faga estes anos.

  • Ser español ou estranxeiro que resida legalmente en España.

  • Estar matriculado en España nalgún dos estudos citados no apartado anterior.

  • Ter aboada a cota correspondente do Seguro Escolar.

  • Acreditar que transcorreu  un período mínimo dun ano dende que o estudante se matriculou por primeira vez en calquera centro de ensino dos comprendidos neste seguro.
    Non se esixe tal requisito para as prestacións derivadas de accidente escolar, infortunio familiar por falecemento do cabeza de familia e tocoloxía.

Persoas protexidas

  • Están incluídos no campo de aplicación do Seguro Escolar todos os estudantes españois menores de 28 anos, que cursen en España os seguintes estudos: 

    • Bacharelato,  3º e 4º da ESO.
    • Formación Profesional, de segundo grao, grao medio, superior e especial.
    • Curso de Orientación Universitaria e Bacharelato Unificado Polivalente (estudantes repetidores).
    • Programas de garantía social.
    • Dos centros integrados.
    • Estudos Universitarios de grao medio,  grao superior e de doutorado.
    •  De grao superior en conservatorios de música.
    •  De grao superior en conservatorios de danza.
    • Arte dramático.
    • Teoloxía nos centros superiores da Igrexa Católica.
    • Segundo curso de educación secundaria de persoas adultas.
    • Estudantes universitarios que realicen prácticas en empresas.
    • Programas de formación para a transición á idade adulta.

  • Quedan, así mesmo, incluídos no ámbito protector deste seguro, os estudantes nacionais dos Estados membros da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo, e, en xeral, todos os estudantes estranxeiros residentes nas mesmas condicións que os españois, sempre que cursen os citados estudos en España e ata a idade de 28 anos. 
Complementary Content
${loading}