Xestión / Solicitudes

Onde?

A solicitude de prestación pode presentarse en calquera CAISS:

  • Se se trata de prestacións económicas, a solicitude será resolta pola Dirección Provincial do INSS onde se presentase a solicitude.
  • Se se trata de prestacións sanitarias, a solicitude será resolta pola Dirección Provincial do INSS onde se dispensase a asistencia sanitaria, con independencia da provincia onde figure matriculado o estudante ou a de residencia da unidade familiar.

Prazos

  • Todas as prestacións derivadas de accidente escolar: 1 ano.

  • As prestacións sanitarias débense solicitar con carácter previo á asistencia médica para o recoñecemento do dereito, coa excepción seguinte: en casos de urxencia debidamente acreditada polo facultativo, pode presentarse no prazo de 5 anos.

  • As prestacións económicas e gastos de enterro que non deriven de accidente escolar: 5 anos.

  • As prestacións por infortunio familiar: 5 anos, cunha retroactividade máxima de 3 meses.

Documentos que deben acompañar á solicitude

EXHIBICIÓN DOS DOCUMENTOS SEGUINTES EN ORIXINAL E EN VIGOR:
  • DNI ou Libro de Familia.
  • Estranxeiros, documento acreditativo de identidade.

PRESENTACIÓN DOS DOCUMENTOS SEGUINTES OU FOTOCOPIA COMPULSADA OU COPIA PARA PROCEDER Á SÚA COMPULSA:

  • Para os estudantes non universitarios, certificado do centro de estudos onde se especifique o curso e especialidade que realizan, ademais do aboamento de cotas do seguro escolar.
  • Para os estudantes universitarios, resgardo do impreso de matrícula no que conste o curso, as materias e o pagamento da cota do Seguro Escolar.
  • A documentación sinalada no punto anterior, referida ao curso anterior ao da solicitude, para os efectos de xustificar a cotización dun ano, agás no caso de accidente escolar, prestación de infortunio familiar e tocoloxía (quedan exentos deste requisito os estudantes que, durante o ano académico anterior, realizasen o último curso dos estudos non incluídos no Seguro Escolar).
b) Prestacións sanitarias: 
  1. Derivadas de accidente escolar:
    • Parte de accidente, que se cubrirá no punto 4 da solicitude.
    • Certificado médico de baixa.
  2. Cirurxía, tocoloxía, neuropsiquiatría e tuberculose pulmonar e ósea:
    • Certificado médico oficial no que conste o facultativo que vai prestar a asistencia médica, con indicación do número de colexiado, domicilio do centro ou consulta, especialidade, data e centro hospitalario do ingreso, no seu caso, diagnóstico, tratamento prescrito e tempo aproximado necesario para a súa curación.
    • certificado anterior poderá substituírse polo informe de urxencia médica, cando proceda.
    • Para neuropsiquiatría, o psiquiatra deberá indicar o diagnóstico segundo as clasificacións internacionais DSM-III-R ou CIE/10, a descrición breve do estado actual do paciente, o tratamento farmacolóxico e terapia psicolóxica indicada e se esta última vai ser realizada por un psicólogo ou polo propio psiquiatra.
  3. Fisioterapia, radioterapia, cobaltoterapia, radiumterapia e ril artificial: ademais do indicado no punto anterior, un historial médico que motive a solicitude, no que se indicará o número de sesións, o tipo destas e o orzamento total do tratamento.

A solicitude de todas as prestacións recollidas nos puntos 2 e 3 deste apartado será despois da asistencia médica para o recoñecemento do dereito. Soamente nos casos de extrema urxencia, acreditada polo facultativo, poderá presentarse no prazo de 5 anos.

b) Prestacións económicas:
  1. Indemnizacións por infortunio familiar: Libro de Familia e título de familia numerosa cando se ostente esta condición.
    • Falecemento do cabeza de familia: Certificado de defunción.
    • Ruína ou quebra: documentos que acrediten claramente o feito causante da ruína ou quebra, así como a data en que sucedeu.
    • Prórroga da prestación de infortunio familiar: documento acreditativo das materias cursadas durante o ano académico anterior, co fin de comprobar o aproveitamento do curso.

  2. Indemnizacións por incapacidades derivadas de accidente escolar:
    • Parte de accidente escolar.
    • Certificado médico que especifique o proceso evolutivo e indique as secuelas definitivas, e tamén a diminución da capacidade do accidentado, con vistas aos estudos que realizaba.
  3. Indemnizacións por gastos de enterro derivados de accidente, sexa ou non escolar, e enfermidade:
    • Parte de accidente (só se é accidente escolar).
    • En caso de falecemento por enfermidade, informe médico no que se faga constar que o afiliado vítima de enfermidade faleceu como consecuencia desta nos dous anos seguintes á data en que a contraeu e que a imposibilidade de continuar os estudos durou ata a súa morte.
    • Certificado de defunción tanto para accidente como enfermidade.
Complementary Content
${loading}