Réxime Xeral

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Situación protexida

  • Considérase situación protexida aquela en que se atope a traballadora por conta allea durante o período de suspensión do contrato de traballo nos supostos en que, debendo esta cambiar de posto de traballo por outro compatible coa súa situación, nos termos previstos no artigo 26.4 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, este cambio de posto non resulte técnica ou obxectivamente posible ou non poida, razoablemente, esixirse por motivos xustificados.

Cando as circunstancias a que se refire o mencionado artigo 26 afectasen a unha funcionaria integrada no Réxime Xeral e incluída no ámbito de aplicación do EBEP , considerarase situación protexida o permiso por risco durante a lactación natural, a efectos da prestación económica da Seguridade Social.

  • Non se considerará situación protexida a derivada de riscos ou patoloxías que poidan influír negativamente na saúde da traballadora ou na do fillo, cando non estea relacionada con axentes, procedementos ou condicións do posto de traballo ou actividade desempeñadas.

Beneficiarias / Requisitos

As traballadoras por conta allea e socias traballadoras de sociedades cooperativas ou laborais, declaradas en situación de suspensión de contrato ou permiso por risco durante a lactación, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

  • Estar afiliadas e en alta nalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social. 
    • Consideraranse de pleno dereito afiliadas e en alta, aínda que o empresario incumprise as súas obrigas.
    • Para as profesionais taurinas, a inclusión no censo de activos equivale á situación de alta.
    • Considérase situación de alta especial a folga legal ou peche patronal.
  • No caso dos representantes de comercio esíxese, ademais, estar ao corrente do pagamento de cotas na data na que sobreveña a continxencia. Se non están ao corrente, advertirase da necesidade de que se poñan ao corrente, quedando condicionado o pagamento da prestación ao cumprimento desta obriga.
  • No caso das artistas e profesionais taurinas, que resulten debedoras de cotas en virtude das regularizacións que se efectúen ao finalizar o exercicio económico, será de aplicación o indicado no parágrafo anterior.
  • Nos supostos de pluriactividade:
    • Cando a situación de risco afecte a todas as actividades desempeñadas, terá dereito ao subsidio en cada un dos réximes se reúne os requisitos esixidos de maneira independente en cada un deles.
    • Cando a situación de risco afecte a unha ou algunha das actividades realizadas pola traballadora, pero non en todas, unicamente terá dereito ao subsidio no réxime no que estean incluídas as actividades en que exista este risco.
    • A percepción do subsidio será compatible co mantemento daquelas actividades que a traballadora xa viñese desempeñando con anterioridade ou puidese comezar a desempeñar e que non impliquen risco durante a lactación natural.
  • Non se esixe período mínimo de cotización ao derivarse de continxencias profesionais.

Prestación económica / Contía

A prestación económica consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora correspondente, que será a equivalente á que estea establecida para a prestación de incapacidade temporal, derivada de continxencias profesionais.

Nacemento do dereito e duración

  • Nacemento do dereito:

O dereito ao subsidio nace dende o mesmo día en que se inicie a suspensión do contrato de traballo por risco durante a lactación natural.

Non procede o recoñecemento da prestación económica de risco durante a lactación en tanto non se extinguise o período de descanso por maternidade.

  • Duración:

Aboarase durante o período necesario para a protección da saúde da traballadora e/ou do fillo, como máximo ata que este faga os 9 meses, agás que a beneficiaria se reincorporase con anterioridade ao seu posto de traballo anterior ou a outro compatible coa súa situación. 

No caso de traballadoras contratadas a tempo parcial, aboarase durante todos os días naturais nos que se manteña a suspensión do contrato de traballo por risco durante a lactación, coa excepción aludida no parágrafo anterior.

Denegación, anulación, suspensión

O dereito ao subsidio pode ser denegado, anulado ou suspendido cando a beneficiaria:

  • Actúe fraudulentamente para obter ou conservar o subsidio.

  • Realice calquera traballo ou actividade, xa sexa por conta allea ou propia, sempre que se iniciase con posterioridade á suspensión do contrato de traballo por risco durante a lactación, incompatibles co seu estado.

Extinción

O dereito ao subsidio extínguese por:

  • Facer o fillo os 9 meses de idade.
  • Reincorporación da muller traballadora ao seu posto de traballo ou actividade profesional anterior ou a outros compatibles coa súa situación.
  • Extinción do contrato de traballo en virtude das causas legalmente establecidas ou cesamento no exercicio da actividade profesional.
  • Interrupción da lactación natural.
  • Falecemento da beneficiaria ou do fillo lactante. 
A traballadora e a empresa estarán obrigadas a comunicar á Entidade xestora ou colaboradora calquera circunstancia que implique a suspensión ou extinción do dereito ao subsidio.
Complementary Content
${loading}