Corresponsabilidad en el cuidado del lactante

Con data 07/03/2019, publicouse o Real Decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, cuxa entrada en vigor, para as prestacións por nacemento e coidado de menor, así como os permisos por nacemento, adopción e proxenitor diferente da nai biolóxica,  é 1 de abril de 2019 (feitos causantes dende o 01/04/2019). Este Real Decreto-Lei recolle modificacións no Estatuto dos Traballadores (ET) e no Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), así como no Texto Refundido da  Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro (TRLGSS), para a equiparación dos dereitos das persoas traballadoras.  

Modifícase a rúbrica do capítulo VII do título II (antes destinado á paternidade), que pasa a denominarse corresponsabilidade no coidado do lactante e establécese nos seus artigos 183 a 185 o réxime xurídico da nova prestación económica denominada exercicio corresponsable do coidado do lactante, cuxa entrada en vigor é do 8 de marzo de 2019.

Esta prestación está incluída dentro da acción protectora de todos os réximes do Sistema.

Situación protexida

Considerarase situación protexida a redución da xornada de traballo en media hora que, de acordo co previsto no parágrafo cuarto do artigo 37.4 do texto refundido da Lei do ET, leven a cabo coa mesma duración e réxime os dous proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente, cando ambos os dous traballen, para o coidado do lactante dende que cumpra nove meses ata os doce meses de idade.

Esta redución de xornada –en media hora ou acumulada– considérase como un dereito individual das persoas traballadoras sen que poida transferirse o seu exercicio ao outro proxenitor, adoptante, gardador ou acolledor.

A acreditación do exercicio responsable do coidado do lactante realizarase mediante certificación da redución da xornada polas empresas en que traballen os seus proxenitores, adoptantes, gardadores ou acolledores.

Regulamentariamente, determinaranse os requisitos que deberá cumprir esta documentación.

Beneficiarios/requisitos

Beneficiarios:

Persoas traballadoras incluídas no Réxime Xeral da Seguridade Social, incluíndo o Sistema Especial de Empregados do Fogar, Sistema Especial Agrario de traballadores por conta allea; así como para os traballadores do Réxime Especial da Minería do Carbón.

Non será de aplicación aos funcionarios públicos, que se rexerán polo establecido no art. 48.f) do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e na normativa que o desenvolva.

Requisitos:

  • Estar en alta ou situación asimilada á altano momento do feito causante.

    • Considerarase feito causante a redución da xornada de traballo en media hora que leven a cabo coa mesma duración e réxime os dous proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente cando ambos os dous traballen, para o coidado do lactante, dende que cumpra nove meses ata os doce meses de idade.      

  • Acreditar os períodos de cotización esixidos, en función da idade dos proxenitores:
    • Persoas traballadoras menores de vinte e un anos: non se lles esixe período mínimo de cotización.          
    • Persoas traballadoras entre vinte e un e vinte e seis anos: polo menos noventa días cotizados nos sete anos inmediatamente anteriores ao momento de inicio do feito causante, ou cento oitenta ao longo de toda a súa vida profesional.
    • Persoas traballadoras de máis de vinte e seis anos: polo menos cento oitenta días cotizados nos sete anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do feito causante, ou trescentos sesenta días cotizados ao longo da súa vida laboral.    

Determinación do suxeito beneficiario

Cando ambos os dous proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente, reúnan as condicións para ser beneficiarios da prestación, o dereito a percibila só poderá ser recoñecido a favor dun deles.

Forma de gozo da prestación

  • O inicio da redución da xornada de traballo, pode comezar entre o mes noveno do nacemento do lactante e ata o duodécimo, pero unha vez se produza o feito causante, o tempo que dure a redución da xornada de traballo deberá ser o mesmo para ambos os dous proxenitores, coincidindo todos os días.
  • En canto á redución da xornada de traballo, esta ha de ser diaria sen poder acumularse semanalmente, polo que unha persoa que traballa 40 horas semanais (en 5 días), a súa redución á semana deberá ser como mínimo de 2 horas e media (media  hora por día).
  • Nos supostos de parto múltiple, cada proxenitor terá dereito a unha prestación de corresponsabilidade, cada un por un fillo.
  • Por outro lado, hai que indicar que a prestación que vai pagar esta Entidade Xestora, vai ser aquela que corresponda á redución da xornada de traballo en media hora. É dicir, a persoa traballadora pode reducir a súa xornada laboral no tempo que desexe (media hora, unha hora, dous horas...), pero o INSS soamente aboará a redución de media hora, pois é a situación protexida para esta prestación tal e como se desprende do previsto no artigo 183 do TRLGSS.

Prestación económica / Contía

A prestación económica consistirá nun subsidio, de devindicación diaria, equivalente ao 100% da base reguladora establecida para a prestación por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns, e en proporción á redución que experimente a xornada de traballo: base de cotización do mes anterior ao feito causante  (redución da xornada) ou as bases de cotización dos tres meses anteriores en caso de contratos a tempo parcial.

Extinción

Esta prestación extinguirase cando o ou a menor cumpra doce meses de idade.

Xestión

  • O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), con carácter xeral.
  • O Instituto Social da Mariña (ISM), cando se trata de traballadores incluídos no campo de aplicación do Réxime Especial do Mar.

Pagamento

O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou, no seu caso, o Instituto Social da Mariña (ISM).

Esta prestación está exenta de tributación por IRPF, salvo en Navarra.


Incompatibilidades

Esta prestación será incompatible con calquera outro subsidio que supoña a suspensión da relación laboral.


Complementary Content
${loading}