Réximes especiais

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Xeral:

Os traballadores por conta allea agrarios incluídos no REA , así como os empresarios aos que prestan os seus servizos, quedan integrados con efectos dende o 01-01-12, no Réxime Xeral da Seguridade Social mediante o establecemento dun Sistema especial para estes traballadores,  tendo dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral

Integración do Réxime Especial de Empregados de Fogar no Réxime Xeral:

Con efectos dende o 01-01-2012, o Réxime Especial dos Empregados de Fogar queda integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun sistema especial para estes traballadores, os que terán dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral (art. 251 do Texto Refundido da LGSS). 

Requisitos xerais esixidos

Os requisitos xerais para causar dereito á prestación, nos Réximes Especiais, son os seguintes:

  • Estar en alta  ou en situación asimilada á alta no Réxime correspondente.

  • Estar ao corrente no pagamento das cotas, das que sexan responsables directos os traballadores, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea.
    • Para tales efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no |art.  28.2 do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social en que o interesado estivese incorporado, no momento de acceder á prestación ou no que cause esta.
    • Cando ao interesado se lle considere ao corrente no pagamento das cotizacións para os efectos do recoñecemento dunha prestación, en virtude dun aprazamento no pagamento das cotas debidas, pero posteriormente incumpra os prazos ou condicións do devandito aprazamento, perderá a consideración de atoparse ao corrente no pagamento e, en consecuencia, procederase á suspensión inmediata da prestación recoñecida que estivese a percibir, a cal soamente poderá ser rehabilitada unha vez que salde a débeda coa Seguridade Social na súa totalidade. A tal fin, a Entidade Xestora da prestación poderá detraer de cada mensualidade percibida polo interesado a correspondente cota debida.

Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos

Terán dereito á prestación coa mesma extensión e nos mesmos termos e condicións que os previstos para os traballadores do Réxime Xeral, coas particularidades que máis adiante se indican.

Maternidade en réxime de xornada a tempo parcial:

Poderán gozar do descanso por maternidade a tempo parcial, pero a percepción do subsidio e a redución da actividade só poderá efectuarse na porcentaxe do 50 %.

Para o recoñecemento desta modalidade de percepción do subsidio e correspondente gozo do permiso, os interesados deberán comunicar á Entidade xestora, ao solicitar a prestación, qué proxenitor, adoptante ou acolledor vai gozar o permiso e se o efectuará de forma simultánea ou sucesiva.

O gozo do permiso será ininterrompido e só poderá modificarse a iniciativa do traballador e debido a causas relacionadas coa súa saúde ou a do menor.

Declaración de situación da actividade:

Os traballadores pertencentes ao RETA, con excepción dos incluídos no Sistema especial de traballadores por conta propia agrarios (SETA) e dos traballadores economicamente dependentes (TRADE), presentarán, se a Entidade Xestora o estima conveniente, unha declaración de situación de actividade no modelo oficial, sobre a persoa que xestione directamente o establecemento mercantil, industrial ou doutra natureza do que sexa titular ou, se é o caso, o cesamento temporal ou definitivo na actividade desenvolvida.

Prazo de presentación:

  • Dentro dos 15 días seguintes á data do parto, ou da data da resolución administrativa ou xudicial mediante a que se constitúe o acollemento ou a adopción.
  • Se o inicio do descanso por maternidade se iniciou con anterioridade ao parto, o prazo contarase a partir da data do inicio deste descanso.

A falta de presentación da declaración no prazo máximo indicado produce os seguintes efectos:

  •  A suspensión no inicio do pagamento da prestación, podendo iniciarse de oficio as actuacións pertinentes para verificar a situación na que queda o establecemento do que é titular o beneficiario da prestación.
  • Se como consecuencia das actuacións administrativas se deducise o carácter indebido da prestación que, se é o caso, se tivese comezado a percibir, procederase a realizar as actuacións precisas para o reintegro desta.
  • O establecido nos dous parágrafos anteriores enténdese sen prexuízo de que puidesen iniciarse os correspondentes expedientes sancionadores naqueles casos en que, atendendo ás circunstancias concorrentes, oportunamente valoradas pola Entidade xestora, así o determine esta.

Traballadoras vítimas de violencia de xénero: 

  • Cando cesen na súa actividade para facer efectiva a súa protección, suspenderáselles a obriga de cotización durante un período de 6 meses, que serán considerados como de cotización efectiva para efectos das prestacións, considerándose a súa situación como asimilada á alta.
  • Base reguladora: tomarase a base de cotización equivalente á media das bases cotizadas nos 6 meses previos á suspensión da obriga de cotizar.

Cesamento na actividade e maternidade:

  • Cando o feito causante da protección por cesamento de actividade se produce estando o traballador en situación de maternidade, seguirá a percibir esta prestación ata que esta se extinga; extinguida esta, poderá solicitar no prazo dos 15 días hábiles seguintes, a protección por cesamento de actividade e sempre que reúna os requisitos esixidos, o dereito nacerá ao día seguinte ao da extinción da prestación por maternidade.
  • Se durante a percepción da prestación económica por cesamento de actividade o beneficiario se encontra en situación de maternidade, interromperase a prestación e a cotización á Seguridade Social e pasará a percibir a prestación por maternidade xestionada polo seu órgano xestor (INSS ou ISM); extinguida a prestación por maternidade, o órgano xestor da devandita prestación comunicarao ao órgano xestor da protección por cesamento de actividade que continuará, de oficio, esa protección pola duración, contía e cotización pendente no momento da suspensión.
  • O previsto nos parágrafos anteriores será aplicable aos traballadores incluídos no Sistema especial para traballadores por conta propia agrarios que reúnan os requisitos previstos na disposición adicional 5ª do RD 1541/2011, do 31 de outubro (a obriga de cotizar iniciarase o 01-01-2012).

Perceptores de IT de baixa nun réxime por conta propia:

  • Traballador pertencente ao RETA que teña cuberta a protección por cesamento de actividade: con independencia de que reúnan ou non os restantes requisitos para acceder á prestación. Ao ser a baixa no RETA durante a situación de IT, motivada por unha causa allea á vontade do traballador autónomo, procede estender ao período de IT posterior ao cesamento na actividade por algunha das causas previstas nos artigos 331; 333 e 334 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (que ha de quedar debidamente acreditada), a consideración de situación asimilada á de alta para os efectos de acceder ás prestacións de maternidade e paternidade.
  • Traballador pertencente ao RETA que non teña cuberta a protección por cesamento de actividade: considérase que non é unha situación asimilada á de alta para os efectos de acceder ás prestacións de maternidade e paternidade. 

Máis información relativa a este Réxime:

Réxime Especial da Minería do Carbón

A prestación recoñécese nos mesmos termos e condicións que no réxime xeral da Seguridade Social, coa seguinte peculiaridade:

  • A base reguladora do subsidio é a base normalizada  que corresponda en cada momento ao traballador, segundo a categoría profesional que tivese ao iniciarse esta situación.
Máis información relativa a este Réxime:
Complementary Content
${loading}