Réximes especiais

Integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Xeral:

Os traballadores por conta allea agrarios incluídos no REA, así como os empresarios aos que prestan os seus servizos, quedan integrados, con efectos dende o 01-01-2012, o Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema especial para estes traballadores, tendo dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral.

Integración do Réxime Especial de Empregados de Fogar no Réxime Xeral:

Con efectos do 01-01-2012, o Réxime Especial dos Empregados de Fogar queda integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun sistema especial para estes traballadores, os que terán dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral (art. 251 do Texto Refundido da LGSS). 

Requisitos xerais esixidos

Os requisitos xerais para causar dereito á prestación, nos réximes especiais, son os seguintes:

  • Estar en alta no réxime correspondente.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas das que sexan responsables directos os traballadores, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea.

    Para tales efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no art. 28.2 do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, polo que se regulamenta o Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social no que o interesado estivese incorporado, no momento de acceder á prestación ou no que se cause esta.

    Cando ao interesado se lle considere ao corrente no pagamento das cotizacións para os efectos do recoñecemento dunha prestación, en virtude dun aprazamento no pagamento das cotas debidas, pero posteriormente incumpra os prazos ou condicións do devandito aprazamento, perderá a consideración de atoparse ao corrente no pagamento e, en consecuencia, procederase á suspensión inmediata da prestación recoñecida que estivese a percibir, a cal soamente poderá ser rehabilitada unha vez que salde a débeda coa Seguridade Social na súa totalidade. A tal fin, a Entidade Xestora da prestación poderá detraer de cada mensualidade percibida polo interesado a correspondente cota debida.

Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos

Os traballadores terán dereito á prestación coa mesma extensión e nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas particularidades que se indican:

Situación protexida:

Os períodos de cesamento parcial na actividade de, polo menos, un 50 por cento da súa duración. Nestes casos, a porcentaxe de redución da xornada de traballo virá referida a unha xornada de 40 horas semanais.

Xestión e Pagamento:

A xestión e o pagamento da prestación será levada a cabo pola correspondente entidade xestora ou mutua colaboradora coa Seguridade Social, coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais.

Non obstante, cando a persoa traballadora non teña a cobertura dos riscos profesionais, será competente para a xestión da prestación a entidade xestora ou a mutua que asuma a cobertura da incapacidade temporal por continxencias comúns.

No suposto de que no réxime da Seguridade Social polo que se recoñeza a prestación económica, a persoa traballadora non optase pola cobertura da incapacidade temporal, a xestión daquela atribuirase á correspondente entidade xestora da Seguridade Social.

Máis información relativa a este Réxime:

Réxime Especial da Minería do Carbón

A prestación recoñécese nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral da Seguridade Social.

Máis información relativa a este Réxime: 
Complementary Content
${loading}