Compatibilidades / Incompatibilidades

  • Da pensión co traballo:

En caso de incapacidade permanente total para a profesión que exercía o interesado ou do grupo profesional en que aquela estaba encadrada, a pensión vitalicia correspondente será compatible co salario que poida percibir o traballador na mesma empresa ou noutra distinta, sempre e cando as funcións non coincidan con aquelas que deron lugar á incapacidade permanente total.

  • Do incremento do 20% co traballo e outras prestacións:

    O percibo do incremento do 20% é incompatible:

    • Coa realización de traballos por conta allea ou propia.
    • E coas prestacións de Seguridade Social que poidan derivarse dos devanditos traballos, como son o subsidio de incapacidade temporal ou de maternidade que persiste máis alá da relación laboral ou a actividade profesional, ou as prestacións de desemprego que puidesen corresponder por estes.
Complementary Content
${loading}