Suspensión / Extinción

Suspensión

  • Cando o beneficiario actúe fraudulentamente para obter ou conservar o dereito ás prestacións.

  • Cando a incapacidade permanente sexa debida ou se agrave a consecuencia de imprudencia temeraria do beneficiario.

  • Cando a incapacidade permanente sexa debida ou agrave a consecuencia de ter rexeitado ou abandonado, sen causa razoable, o tratamento sanitario prescrito durante a situación de incapacidade temporal.

  • Cando o beneficiario, sen causa razoable, rexeite ou abandone os tratamentos ou procesos de readaptación e rehabilitación procedentes. 

Extinción

  • Por revisión con resultado de curación.

  • Por falecemento do beneficiario.

  • Por recoñecemento do dereito á pensión de xubilación, cando se opte por esta pensión.

  • Por revisión de oficio ditada pola Entidade xestora nalgún dos casos nos que esta actuación estea legalmente permitida e dela se derive a perda do dereito á pensión. 
Complementary Content
${loading}