Subsidio en favor de familiares

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

Beneficiarios

As fillas/os maiores de 25 anos e os irmás/áns maiores de 22 anos, solteiros, viúvos, separados xudicialmente ou divorciados, que sen acreditar as condicións para ser pensionistas reúnan os requisitos esixidos:

  • Convivir co causante e ás súas expensas con 2 anos de antelación ao falecemento daquel ou desde a morte do familiar co que convivisen, se esta ocorrese dentro deste período.
  • Non ter dereito a pensión pública.
  • Carecer de medios de subsistencia, por ter ingresos económicos iguais ou inferiores ao salario mínimo interprofesional, e de familiares con obriga e posibilidade de lles prestar alimentos.

    En aplicación do establecido nos artigos 142 e 143 do Código Civil, están obrigados a "prestarse alimentos", os cónxuxes, ascendentes e descendentes; os irmáns só se deben os "auxilios necesarios para a vida", polo que quedan excluídos da obriga de prestar alimentos.

Contía / Aboamento

  • A contía do subsidio obtense aplicando unha porcentaxe sobre a base reguladora.
  • Porcentaxe: o 20% da base reguladora, calculada de igual forma que na pensión de viuvez.

  • Aboarase durante 12 meses, con inclusión de dúas pagas extraordinarias.

Compatibilidades / Incompatibilidades

  • É compatible coas pensións de viuvez e orfandade causadas polo mesmo suxeito.

  • Será incompatible coa percepción por parte do titular de calquera pensión pública e coa percepción de ingresos de calquera natureza que superen a contía, en cómputo anual, do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, tamén en cómputo anual.

Extinción

  • Por esgotamento do período máximo de duración.

  • Por falecemento.

  • Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.
Complementary Content
${loading}