Indemnizacións por AT ou EP

En caso de morte causada por accidente de traballo ou enfermidade profesional, concédese a determinados beneficiarios, ademais da correspondente pensión, unha indemnización a prezo fixado.

Beneficiarios

  • O cónxuxe, o sobrevivente da parella de feito, o excónxuxe divorciado, separado ou con matrimonio declarado nulo, beneficiarios da pensión de viuvez.

  • Os orfos, beneficiarios da pensión de orfandade.


  • O pai e/ou a nai que estean a cargo do falecido, sempre que non existan outros familiares con dereito a pensión por morte e supervivencia, nin eles mesmos tivesen dereito a ela con ocasión da morte do causante.

Contía

  • Cónxuxe, parella de feito ou excónxuxe divorciado, separado ou con nulidade matrimonial:

 

    • Seis mensualidades da base reguladora da pensión de viuvez.
    • No suposto de concorrer máis dun beneficiario, a distribución da indemnización realizarase do mesmo xeito ca a pensión de viuvez, incluída a garantía do 40% da indemnización a favor do cónxuxe sobrevivente ou do que, sen selo, convivise co causante e fose beneficiario da pensión de viuvez.
    • Se se trata dun só beneficiario con matrimonio declarado nulo, a contía da indemnización será proporcional ao tempo convivido en matrimonio co falecido.
    • Orfos:

      • Unha mensualidade da base reguladora da pensión de orfandade.
      • Máis a cantidade que resulte de distribuír entre os orfos as seis mensualidades da base reguladora da pensión, se non existe cónxuxe, parella de feito ou excónxuxe con dereito a indemnización. A partir do 22-06-2006, enténdese que se cumpre esta condición de que non exista cónxuxe naqueles supostos nos que non mediara matrimonio entre os proxenitores do orfo.
    • Pai e/ou nai:

      • Nove mensualidades da base reguladora, se se trata dun ascendente.
      • Doce mensualidades da base reguladora, se se trata de ambos os dous ascendentes.

    Como excepción, nos supostos de falecemento de pensionistas por incapacidade permanentederivada de continxencias profesionais, o cálculo da indemnización efectuarase sobre a contía da pensión que estivese a percibir o causante no momento do falecemento. 

     

    Compatibilidades / Incompatibilidades

    • A indemnización do cónxuxe e dos fillos é compatible coas pensións de viuvez e orfandade recoñecidas a estes.
    • A indemnización dos ascendentes é incompatible con calquera das pensións de morte e supervivencia que puidesen corresponderlles a eles ou a outros familiares.
    Complementary Content
    ${loading}