Viuvez

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

ADVERTENCIA: As prestacións por morte e supervivencia do SOVI non inclúen a pensión de orfandade, a pensión en favor de familiares, nin o auxilio por defunción.

Requisitos

Con carácter xeral, esíxese non ter dereito a ningunha outra pensión a cargo dos réximes que integran o Sistema da Seguridade Social ou a sectores laborais pendentes de integración no mesmo.

Os requisitos específicos, segundo os supostos, son:

1. Causante pensionista do SOVI con falecemento anterior a 1-1-67:

  • Para o causante: falecer a partir de 1-1-56.
  • Para o solicitante:
    • Ter 65 anos na data do falecemento do causante ou estar totalmente incapacitado para todo traballo. Non obstante, se nesa data o solicitante non tivese a idade de 65 anos, pero tivese máis de 50, conserva o dereito a que se lle recoñeza a pensión ao facer os 65 anos.
    • Non ter dereito a unha pensión de vellez ou invalidez SOVI.
    • Ter contraído matrimonio co causante 10 anos antes, como mínimo, do falecemento.

2. Causante pensionista do SOVI con falecemento posterior a 31-12-66:

Cando o falecemento do pensionista é posterior a 1-1-67, ao solicitante esíxenselle idénticos requisitos que os establecidos para ter dereito á pensión de viuvez do Réxime Xeral.

3. Causante non pensionista do SOVI:

  • Para o causante:
    • Falecemento a partir de 1-1-56.
    • Ter estado afiliado ao Retiro Obreiro Obrigatorio ou acreditar 1.800 días de cotización ao SOVI antes de 1-1-67.
  • Para o solicitante:

    Esíxense os mesmos requisitos que os establecidos para o suposto de causante pensionista falecido con anterioridade ao 1-1-67.

Efectos económicos

  • Causante non pensionista:

    O dereito á pensión nace ao día seguinte a aquel en que se produza o feito causante, pero faise efectivo a partir do día primeiro do mes seguinte ao do falecemento, se a solicitude se presenta dentro do ano inmediatamente seguinte ao mesmo. Se se presenta con posterioridade, a retroactividade é dun ano dende a data da solicitude.
  • Causante pensionista:

    Idénticos efectos que os sinalados, aínda que o prazo de retroactividade se reduce, no seu caso, a tres meses.

Prescrición

  • É imprescritible cando o falecemento do causante ou o chegar aos 65 anos de idade polo cónxuxe sobrevivente se producise a partir do 22-6-67.
  • Nos demais casos, o prazo de prescrición é de cinco anos dende o falecemento do causante ou a partir de que o cónxuxe sobrevivente chegue aos 65 anos.

Solicitudes e documentación

  • Documento Nacional de Identidade do solicitante.

  • Tarxeta de Identificación Fiscal do solicitante.

  • Certificación da Acta de Defunción.

  • Libro de Familia actualizado ou, no seu caso, certificado de matrimonio.

  • Só se se atopa nalgunha destas situacións:

    • Se é separado/a ou divorciado/a, sentenza de separación xudicial ou divorcio.

    • Se houbese máis dun beneficiario chamado ao gozo da pensión de viuvez, declaración de convivencia.


  • Esta documentación pode presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.
Complementary Content
${loading}