Solicitudes

Documentos que deben acompañar á solicitude

Os documentos que se indican a continuación débense presentar en orixinal e acompañados de copia para a súa compulsa ou en fotocopia xa compulsada, agás para os documentos de identidade nos que será suficiente a exhibición do orixinal.

EN TODOS OS CASOS:

  • Acreditación de  identidade do interesado, representante legal e demais persoas que figuran na solicitude mediante a seguinte documentación en vigor:
    • Españois: documento nacional de identidade (DNI).
    • Estranxeiros residentes ou non residentes en España: Pasaporte ou, no seu caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT a efectos de pagamento.
  • Documentación acreditativa da representación legal, se é o caso, ou da emancipación do solicitante menor de idade. Se é titor institucional, CIF/NIF, documento no que conste o nomeamento de tutela da Institución e certificación acreditativa da representación da Institución.

EN CASO DE ENFERMIDADE COMÚN:

  • Xustificantes de pagamento de cotizacións dos últimos 3 meses se é vostede o obrigado a ingresalas e a incapacidade se producíu nese mesmo período.

EN CASO DE ACCIDENTE DE TRABALLO OU ENFERMIDADE PROFESIONAL:

  • Parte administrativo de accidente de traballo ou enfermidade profesional.
  • Certificado empresarial de salarios reais do ano anterior.

OUTROS DOCUMENTOS:

  • Se está no seu poder, Historial clínico elaborado polo Servizo Público de Saúde competente na súa Comunidade Autónoma ou, no seu caso, Informe da Inspección Médica deste servizo.
  • Se tivo algún aborto de máis de 6 meses ou fillos falecidos antes das 24 horas de vida, certificado do Rexistro Civil onde conste a súa existencia.

PARA INCLUÍR EN ASISTENCIA SANITARIA:

  • Libro de Familia ou actas do Rexistro Civil que acrediten o parentesco co solicitante.
  • Certificado do Concello que acredite a convivencia co solicitante (non se esixe para o cónxuxe e os fillos), cando o funcionario o considere necesario.
  • Auto xudicial ou certificado de acollemento familiar, expedido pola Comunidade Autónoma.
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia dos fillos menores e, no seu caso, a contía da pensión compensatoria ao cónxuxe ou ex-cónxuxe e a de alimentos a fillos.
  • Acreditación de residencia habitual en España de estranxeiros, mediante certificado do empadroamento do Concello ou tarxeta de residencia, cando o funcionario o considere necesario.

Esta documentación pode presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}