Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Recurso extraordinario de revisión

Obxecto:

Todos os actos administrativos firmes da TGSS  cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

  • Que ao ditar o acto se tivese incorrido en erro de feito que resulte dos propios documentos incorporados ao expediente.
  • Que aparezan documentos esenciais para a resolución do asunto.
  • Que ao ditar o acto influísen documentos ou testemuños falsos ou se tivese ditado como consecuencia de prevaricación, suborno, violencia, maquinación fraudulenta ou outra conduta punible, todo iso declarado por sentenza xudicial firme.

Contido mínimo do recurso:

  • Datos identificativos do recorrente.
  • Se é o caso, datos identificativos do representante.
  • Identificación do acto que se recorre e a razón da impugnación.
  • Lugar, data e sinatura do recorrente ou, se é o caso, do representante así como domicilio que se sinale para os efectos de notificacións.
  • Órgano, centro ou unidade administrativa ao que se dirixe.
  • Cando se actúe por medio de representante, será necesario acreditar a representación conferida.

Forma e lugar de presentación:

  • Pode entregar a súa solicitude presencialmente, en calquera dos rexistros das Direccións Provinciais ou Administracións ou Dependencias que integran a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, así como en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na redacción dada a este pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (B.O.E. do 14/01/1999).
  • Se dispón dun certificado dixital, pode presentar electronicamente a súa solicitude na Sede Electrónica a través do trámite Presentación de impugnacións ante a TGSS, e posteriormente consultar o seu estado mediante o servizo Seguimento de impugnacións ante a TGSS.

Entidade Competente:

Prazos:

Para presentalo:

  • Catro anos se se funda na primeira das circunstancias enumeradas máis arriba, contados a partir da data de notificación da resolución que se recorre.
  • Tres meses a contar dende o coñecemento dos documentos citados na circunstancia segunda ou dende que a sentenza xudicial quedou firme na terceira.

Para resolver:

  • Tres meses a contar dende a data de entrada do recurso en calquera rexistro da TGSS.

Efectos:

Pola interposición do recurso:

A interposición do recurso non suspende a execución do acto impugnado agás que, nos actos de xestión da recadación, se garanta con aval suficiente ou se proceda á consignación a disposición da TGSS do importe da débeda esixible, incluídas as recargas, xuros e costas do procedemento, conforme os artigos 30.5 e 34.4 da Lei Xeral da Seguridade Social.

Por falta dalgún ou dalgúns dos requisitos mínimos na formalización do recurso:

A falta dalgún ou algúns dos requisitos enumerados no apartado "contido mínimo do recurso" e os esixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, producirá o requirimento ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos. Se así non o fixese, será tido por desistido do recurso.

Por falta de resolución expresa no prazo máximo legal:

Desestimatorios, agás que o recurso se formule contra a desestimación por silencio administrativo dunha solicitude inicial polo transcurso do prazo, en tal caso entenderase que o recurso foi estimado.

Por resolución expresa:

  • Estimación total.
  • Estimación parcial.
  • Desestimación.
  • Inadmisión a trámite.

Outros datos de interese:

  • Normativa Reguladora:
    • Artigos 107 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
    • Artigos 30 e 34 e Disposición Adicional Vixésimo Quinta da Lei Xeral da Seguridade Social.
      Artigo 46 do Regulamento Xeral de Recadación da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto 1415/2004, do 11 de xuño.
    • Artigo 91 do Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros dereitos da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto 2064/1995, do 22 de decembro.
    • Artigo 63 do Regulamento Xeral sobre Inscrición de Empresas e Afiliación, Altas, Baixas e Variacións de Datos de Traballadores na Seguridade Social.
  • Seguimento de Impugnacións ante a TGSS.
Complementary Content
${loading}