Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Recurso de Alzada

Obxecto:

Todos os actos administrativos da TGSS  que non poñan fin á vía administrativa, incluídos os actos de trámite que determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión.

Contido mínimo do recurso:

  • Datos de identificación do recorrente.
  • No seu caso, datos de identificación do representante.
  • Identificación do acto que se recorre e a razón da impugnación.
  • Lugar, data e sinatura do recorrente ou, no seu caso, do representante así como domicilio que se sinale a efectos de notificacións.
  • Órgano, centro ou unidade administrativa á que se dirixe.
  • Cando se actúe por medio de representante, será necesario acreditar a representación conferida.

Modelos de solicitude

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Outorgamento de representación por comparecencia Descargar documento Outorgamento de representación por comparecencia. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Outorgamento de representación por comparecencia. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,138 KB) 18/05/2012
Recurso de Alzada Descargar documento Recurso de Alzada. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Recurso de Alzada. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,230 KB) 09/01/2020
Recurso de Alzada contra Reclamación de débeda Descargar documento Recurso de Alzada contra Reclamación de débeda. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Recurso de Alzada contra Reclamación de débeda. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,214 KB) 18/05/2012

Forma e lugar de presentación:

  • Pode entregar a súa solicitude presencialmente, en calquera dos rexistros das Direccións Provinciais ou Administracións ou Dependencias que integran a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, así como en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na redacción dada a este pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (B.O.E. do 14/01/1999).
  • Se dispón dun certificado dixital, pode presentar electronicamente a súa solicitude na Sede Electrónica a través do trámite Presentación de impugnacións ante a TGSS, e posteriormente consultar o seu estado mediante o servizo Seguimento de impugnacións ante a TGSS.

Entidade Competente:

Prazos:

Para presentalo:

  • Un mes se o acto que se recorre fose expreso, que se computará a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación deste.
  • Tres meses a contar dende o día seguinte en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Transcorridos os devanditos prazos, o acto será firme e só poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ou, se é o caso, recurso extraordinario de revisión.

Para resolver:

  • Tres meses a contar dende a data de entrada do recurso en calquera rexistro da TGSS.

Efectos:

Pola interposición do recurso:

A interposición do recurso non suspende a execución do acto impugnado agás que, nos actos de xestión da recadación, se garanta con aval suficiente ou se proceda á consignación a disposición da TGSS do importe da débeda esixible, incluídas as recargas, xuros e costas do procedemento, conforme os artigos 30.5 e 34.4 da Lei Xeral da Seguridade Social.

Por falta dalgún ou dalgúns dos requisitos mínimos na formalización do recurso:

A falta dalgún ou algúns dos requisitos enumerados no apartado "contido mínimo do recurso" e os esixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, producirá o requirimento ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos. Se así non o fixese, será tido por desistido do recurso.

Por falta de resolución expresa no prazo máximo legal:

Desestimatorios, agás que o recurso se formule contra a desestimación por silencio administrativo dunha solicitude inicial polo transcurso do prazo, en tal caso entenderase que o recurso foi estimado.

Por resolución expresa:

  • Estimación total.
  • Estimación parcial.
  • Desestimación.
  • Inadmisión a trámite.

Outros datos de interese:

  • Normativa Reguladora:
    • Artigos 107 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
    • Artigos 30 e 34 e Disposición Adicional Vixésimo Quinta da Lei Xeral da Seguridade Social.
    • Artigo 46 do Regulamento Xeral de Recadación da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto 1415/2004, do 11 de xuño.
    • Artigo 91 do Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros dereitos da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto 2064/1995, do 22 de decembro.
    • Artigo 63 do Regulamento Xeral sobre Inscrición de Empresas e Afiliación, Altas, Baixas e Variacións de Datos de Traballadores na Seguridade Social.
  • Seguimento de impugnacións ante a TGSS.
Complementary Content
${loading}