Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Documentación relativa ao ofrecemento de garantías

O ofrecemento de garantías deberá estar referido á constitución, a favor da Tesourería Xeral da Seguridade Social, de aval de entidades de depósito ou de crédito ou cooperativas de crédito legalmente autorizadas para esta actividade no territorio español e, se non fose posible obter este aval, de hipoteca, prenda con ou sen desprazamento, seguro de caución de compañías de seguros autorizadas para operar no ramo correspondente ou calquera outra garantía suficiente para o pagamento total da débeda máis os intereses esixibles sobre a cantidade aprazada dende que produza efectos a concesión do aprazamento ata o pagamento así como o importe da recarga.

O ofrecemento de aval e demais formas de garantía persoal deberá ir acompañado da aceptación dos avalistas ou garantes e, na fianza e aval, da renuncia expresa dos beneficios de división e exclusión.

O referido aval, cando se constitúa, deberá ser rexistrado no Rexistro Especial de Avais.

O ofrecemento de garantías reais deberá acompañarse da documentación acreditativa da propiedade e cargas dos bens así como dunha valoración pericial dos mesmos.

Calquera outra información ou documentación relacionada coas circunstancias económicas que fundamentan a petición, que se estime oportuno achegar en apoio da mesma.

Complementary Content
${loading}