Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Consideracións sobre Pagamento de Cotas

Introdución

Iniciada a vía executiva, cando o debedor, en calquera momento do procedemento de prema anterior á adxudicación dos bens embargados, decida pagar a débeda incluídas recargas, intereses no seu caso, e custas devindicadas, seralle admitido o pagamento polas Unidades de Recadación Executiva. Se o pagamento non comprendese a totalidade destes conceptos, aplicarase en primeiro lugar ás custas e seguidamente ao débito restante ata onde alcance e continuarase o procedemento de prema polo resto impagado en base ao mesmo título executivo.

Medios de Pagamento

O pagamento das débedas á Seguridade Social durante o procedemento administrativo de constrinximento deberá realizarse en efectivo, mediante diñeiro de curso legal, cheque, transferencia bancaria, tarxeta de débito ou crédito ou calquera outro que sexa autorizado pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

  1. Diñeiro de curso legal. O pagamento en diñeiro legal realizarase, en todo caso, a través das entidades colaboradoras autorizadas ou habilitadas para o efecto.
  2. Cheque que, ademais dos requisitos xerais esixidos pola súa lexislación especifica, deberá reunir as seguintes características:

    1. Ser nominativo a favor da Tesourería Xeral da Seguridade Social e cruzado á Entidade en que teña a súa conta debidamente autorizada o órgano recadador ou o colaborador.
    2. Ser librado contra Entidades Financeiras ou de Crédito debidamente autorizadas e inscritas no Rexistro correspondente e situadas en territorio nacional.
    3. Estar datado no mesmo día ou como máximo nos dous anteriores a aquel no que se efectúe a súa entrega.
    4. Estar conformado, visado, ou certificado pola Entidade librada, que deberá reter o importe consignado para o pagamento do cheque á súa presentación ata un prazo, como mínimo, de trinta días posteriores á data da súa emisión.
    5. Indicar o nome ou razón social do librador e, segundo proceda, o seu número ou código de identificación fiscal, que se expresarán debaixo da sinatura con toda claridade. Cando se estenda por apoderado ademais dos datos anteriores, figurará na antefirma o nome completo do titular da conta corrente.

  3. Transferencia bancaria. Os mandatos de transferencia poderán cursarse a través de Banco ou Banqueiro inscrito no Rexistro oficial destes, Caixas de Aforros, Entidade Financeira ou Institucións de Crédito ou de Depósito, para o aboamento do seu importe nas contas especiais restrinxidas para os ingresos por recadación executiva e haberán de expresar o concepto concreto a que o ingreso corresponda, así como o código de conta de cotización do debedor e demais datos identificativos deste. Os ingresos realizados mediante transferencia bancaria entenderanse efectuados na data en que teñan entrada na Entidade Financeira a que se transfiren.
  4. Tarxeta de débito ou crédito. Os pagamentos de débedas coa Seguridade Social que se encontran en vía executiva poderanse realizar mediante a utilización de tarxetas, tanto de débito coma de crédito. Pode acceder sen certificado dixital á Sede Electrónica e realizar o pagamento a través do servizo "Pagamento con tarxeta de débedas de Seguridade Social".
  5. Calquera outro medio que sexa autorizado pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Xustificantes de Pagamento

Quen efectúe o pagamento dunha débeda á Seguridade Social terá dereito a que se lle entregue un xustificante do pagamento realizado.

Os xustificantes do pagamento en efectivo na vía de prema serán os recibos expedidos polas Entidades Financeiras ou Axentes colaboradores dos órganos de recadación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, onde se efectúe o ingreso para o aboamento na conta especial restrinxida para os ingresos por recadación executiva.

Complementary Content
${loading}