Forma e lugar de presentación:
- Pode entregar a súa solicitude presencialmente, en calquera dos rexistros das Direccións Provinciais ou Administracións ou Dependencias que integran a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, así como en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na redacción dada a este pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (B.O.E. do 14/01/1999).
- Se dispón dun certificado dixital, pode presentar electronicamente a súa solicitude na Sede Electrónica a través do trámite Presentación de impugnacións ante a TGSS, e posteriormente consultar o seu estado mediante o servizo Seguimento de impugnacións ante a TGSS Entidade Competente:
- Direccións Provinciais da TGSS: Unidades de Impugnación e Unidades de Recadación Executiva.
Prazos:
Para presentalo:
- Tercerías de dominio: non será admitida se se formula despois de outorgado o documento público de venda, de realizada a entrega dos bens mobles en calquera das súas modalidades ou do acordo de adxudicación dos bens á TGSS. TGSS.
- Tercerías de mellor dereito: non será admitida despois de que a Unidade de Recadación Executiva recibise o prezo da venda. Tampouco se admitirá cando se trate de segunda ou ulterior tercería que se funde en títulos ou dereitos que posuíse o tercerista ao tempo de interpoñer a primeira.
- Para resolver:Tres meses contados dende a súa data de entrada en calquera rexistro da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Efectos:
Pola interposición da tercería de dominio:
A Unidade de Recadación Executiva suspenderá o procedemento de constrinximento respecto dos bens obxecto da tercería, sen prexuízo de seguilo respecto dos demais bens e dereitos do debedor.
Pola interposición da tercería de mellor dereito:
A Unidade de Recadación Executiva proseguirá o procedemento de constrinximento ata a realización dos bens embargados, consignando a cantidade obtida na conta da TGSS a resultas da decisión sobre a tercería.
Por falta dalgún ou algúns dos requisitos mínimos na formalización da reclamación en tercería:
A falta dalgún ou algúns dos requisitos enumerados no apartado "contido mínimo do recurso" e os esixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, producirá o requirimento ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos. Se así non o fixese, será tido por desistido da tercería.
Por falta de resolución expresa no prazo máximo legal:
Transcorrido o prazo máximo legal sen que recaia resolución expresa sobre a tercería, poderá entenderse desestimada para os efectos de formular a correspondente demanda xudicial.
Por resolución expresa:
- Estimación total.
- Estimación parcial.
- Desestimación.
- Inadmisión a trámite.
Outros datos de interese:
- Normativa Reguladora:
- Artigos 35 da Lei Xeral da Seguridade Social
- Artigos 132 a 135 do Regulamento Xeral de Recadación da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto 1415/2004, do 11 de xuño.
- Seguimento de impugnacións ante a TGSS.