Topes Máximos e Mínimos

As bases de cotización ao Sistema da Seguridade Social non poderán ser superiores ao límite máximo absoluto establecido, e que será fixado para cada exercicio económico pola correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Este límite máximo será único para todas as actividades, categorías profesionais e continxencias comprendidas no Réxime de que se trate e aplicarase a calquera que sexa o número de horas traballadas, incluídos os supostos de pluriemprego, mais non os de pluriactividade.

As bases de cotización terán como límite mínimo, agás disposición expresa en contrario, a contía íntegra do Salario Mínimo Interprofesional  vixente en cada momento, incrementado nun sexto.

Complementary Content
${loading}