Supostos Especiais: Pluriemprego e Pluriactividade

Pluriemprego: Enténdese por pluriemprego a situación do traballador por conta allea que preste os seus servizos profesionais a dous ou máis empresarios distintos e en actividades que dean lugar á súa alta obrigatoria nun mesmo Réxime da Seguridade Social. Neste suposto, para determinar o tope máximo a aplicar, distribuirase o tope máximo establecido con carácter xeral entre todos os suxeitos da obriga de cotizar en proporción ás retribucións aboadas en cada unha das empresas en que preste os seus servizos o traballador, sen que, respecto ás continxencias comúns, a fracción do tope máximo que se asigne a cada empresa ou suxeito obrigado poida ser superior á contía da retribución aboada ao traballador. O tope mínimo pro ratearase así mesmo entre todas as empresas e demais suxeitos da obriga de cotizar, en proporción ás retribucións percibidas en cada unha delas .

Pluriactividade: Enténdese por pluriactividade a situación do traballador por conta propia e/ou allea cuxas actividades dean lugar á súa alta obrigatoria en dous ou máis Réximes distintos do Sistema da Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}