¿Cales son os conceptos cotizables?

  • Continxencias Comúns : Para a cobertura das situacións que deriven de enfermidade común, accidente non laboral, xubilación, así como descanso por maternidade e paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.
  • Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais: Destinada á cobertura destas continxencias.
  • Horas extraordinarias.
  • Outras cotizacións: xunto coas cotas propiamente ditas, recádanse outras cotizacións que responden a conceptos específicos:
    • Desemprego
    • Fondo de Garantía Salarial
    • Formación profesional

Os suxeitos que teñan a obriga deberán liquidar e comunicar as cotas correspondentes a estes conceptos, xunto coas relativas á Seguridade Social, na mesma forma, prazos e lugar ca estas.

Complementary Content
${loading}