Coeficientes Redutores para Empresas Colaboradoras

ASISTENCIA SANITARIA E INCAPACIDADE TEMPORAL DERIVADAS DE ENFERMIDADE COMÚN E ACCIDENTE NON LABORAL
Anos Disposicións Legais Efectos Coeficientes Redutores
Persoal médico pagado pola empresa Persoal médico pagado pola Seguridade Social
A.S. I.T. Total A.S. I.T. Total
2017 Orde ESS/106/2017 do 09/02 (BOE 11/02) 01.01.17 (1) (1) (1) (1)
2016 Orde ESS/70/2016 do 29/01 (BOE 30/01) 01/01/2016 (1) (1) (1) (1)
2015 Orde ESS/86/2015 do 30/01 (BOE 31/01) 01/01/2015 (1) (1) (1) (1)
2014 Orde ESS/106/2014 do 31/01 (BOE do 01/02) 01/01/2014 (1) (1) (1) (1)
2013 Orde ESS/56/2013 do 28/01 (BOE do 29) 01/01/2013 (1) (1) (1) (1)

O importe que se deduce da cotización determinarase multiplicando o coeficiente pola cota integra resultante de aplicar o tipo único vixente ás correspondentes bases de cotización.

(1) A partir do 1 de xaneiro de 2009 suprímese a colaboración voluntaria na xestión de asistencia sanitaria e incapacidade temporal derivadas de enfermidade común e accidente non laboral.

ASISTENCIA SANITARIA E INCAPACIDADE TEMPORAL DERIVADAS DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS
Anos Disposicións Legais Efectos Primas de AT e EP Coeficiente achega a Servizos Comúns Sociais
I.T. I.M.S.
2017 Orde ESS/106/2017 do 09/02 (BOE 11/02) 01.01.17 "Non cotiza" "Si cotiza" 0,310
2016 Orde ESS/70/2016 DO 29/01 (BOE 30/01) 01/01/2016 "Non cotiza" "Si cotiza" 0,310
2015 Orde ESS/86/2015 do 30/01 (BOE do 31/01) 01/01/2015 "Non cotiza" "Si cotiza" 0,310
2014 Orde ESS/106/2014 do 31/01 (BOE do 01/02) 01/01/2014 "Non cotiza" "Si cotiza" 0,310
2013 Orde ESS/56/2013 do 28/01 (BOE do 29) 01/01/2013 "Non cotiza" "Si cotiza" 0,310

O importe a satisfacer determinarase multiplicando o coeficiente polas cotas de accidente de traballo e enfermidade profesional correspondentes a IMS.

OBSERVACIÓNS:

As Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social no aboamento da prestación económica de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns percibirán o importe resultante de aplicar o coeficiente do 0,055 (*) á cota íntegra por continxencias comúns das súas empresas asociadas.

Para o 2013, con carácter xeral aplicando o coeficiente do 0,050 sobre a cota íntegra obtida polas empresas como resultado de aplicar o tipo único vixente de cotización por continxencias comúns ás correspondentes bases de cotización. Esta porcentaxe será do 0,055 para aquelas mutuas que acrediten a insuficiencia financeira do coeficiente xeral sobre a base de circunstancias estruturais

Para o 2014 e 2015, con carácter xeral aplicando o coeficiente do 0,050 sobre a cota íntegra correspondente á achega empresarial e dos traballadores por continxencias comúns. A devandita porcentaxe será do 0,055 para aquelas mutuas que acrediten a insuficiencia financeira do coeficiente xeral sobre a base de circunstancias estruturais, non obstante no Sistema Especial para Traballadores por Conta Allea Agrarios establecido no Réxime Xeral da Seguridade Social, a determinación da fracción de cota acharase aplicando o coeficiente do 0,030 sobre a cota íntegra correspondente á achega empresarial e dos traballadores por continxencias comúns; coeficiente que será do 0,033 para aquelas mutuas que acrediten a insuficiencia financeira deste coeficiente conforme a circunstancias estruturais.

Para o 2016 e 2017, con carácter xeral aplicando o coeficiente do 0,051 sobre a cota íntegra correspondente á achega empresarial e dos traballadores por continxencias comúns. A devandita porcentaxe será do 0,055 para aquelas mutuas que acrediten a insuficiencia financeira do coeficiente xeral sobre a base de circunstancias estruturais, non obstante no Sistema Especial para Traballadores por Conta Allea Agrarios establecido no Réxime Xeral da Seguridade Social, a determinación da fracción de cota acharase aplicando o coeficiente do 0,030 sobre a cota íntegra correspondente á achega empresarial e dos traballadores por continxencias comúns; coeficiente que será do 0,033 para aquelas mutuas que acrediten a insuficiencia financeira deste coeficiente conforme a circunstancias estruturais.

Complementary Content
${loading}