Recurso de Alzada

Obxecto:

Todos os actos administrativos da TGSS  que non poñan fin á vía administrativa, incluídos os actos de trámite que determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión.

Contido mínimo do recurso:

  • Datos de identificación do recorrente.
  • No seu caso, datos de identificación do representante.
  • Identificación do acto que se recorre e a razón da impugnación.
  • Lugar, data e sinatura do recorrente ou, no seu caso, do representante así como domicilio que se sinale a efectos de notificacións.
  • Órgano, centro ou unidade administrativa á que se dirixe.
  • Cando se actúe por medio de representante, será necesario acreditar a representación conferida.

Modelos de solicitude

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Outorgamento de representación por comparecencia Descargar documento Outorgamento de representación por comparecencia. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,138 KB) 18/05/2012
Recurso de Alzada Descargar documento Recurso de Alzada. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,230 KB) 09/01/2020
Recurso de Alzada contra Reclamación de débeda Descargar documento Recurso de Alzada contra Reclamación de débeda. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,214 KB) 18/05/2012

Forma e lugar de presentación:

  • Pode entregar a súa solicitude presencialmente, en calquera dos rexistros das Direccións Provinciais ou Administracións ou Dependencias que integran a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, así como en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na redacción dada a este pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (B.O.E. do 14/01/1999).
  • Se dispón dun certificado dixital, pode presentar electronicamente a súa solicitude na Sede Electrónica a través do trámite Presentación de impugnacións ante a TGSS, e posteriormente consultar o seu estado mediante o servizo Seguimento de impugnacións ante a TGSS.

Entidade Competente:

Prazos:

Para presentalo:

  • Un mes se o acto que se recorre fose expreso, que se computará a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación deste.
  • Tres meses a contar dende o día seguinte en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Transcorridos os devanditos prazos, o acto será firme e só poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ou, se é o caso, recurso extraordinario de revisión.

Para resolver:

  • Tres meses a contar dende a data de entrada do recurso en calquera rexistro da TGSS.

Efectos:

Pola interposición do recurso:

A interposición do recurso non suspende a execución do acto impugnado agás que, nos actos de xestión da recadación, se garanta con aval suficiente ou se proceda á consignación a disposición da TGSS do importe da débeda esixible, incluídas as recargas, xuros e costas do procedemento, conforme os artigos 30.5 e 34.4 da Lei Xeral da Seguridade Social.

Por falta dalgún ou dalgúns dos requisitos mínimos na formalización do recurso:

A falta dalgún ou algúns dos requisitos enumerados no apartado "contido mínimo do recurso" e os esixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, producirá o requirimento ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos. Se así non o fixese, será tido por desistido do recurso.

Por falta de resolución expresa no prazo máximo legal:

Desestimatorios, agás que o recurso se formule contra a desestimación por silencio administrativo dunha solicitude inicial polo transcurso do prazo, en tal caso entenderase que o recurso foi estimado.

Por resolución expresa:

  • Estimación total.
  • Estimación parcial.
  • Desestimación.
  • Inadmisión a trámite.

Outros datos de interese:

  • Normativa Reguladora:
    • Artigos 107 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
    • Artigos 30 e 34 e Disposición Adicional Vixésimo Quinta da Lei Xeral da Seguridade Social.
    • Artigo 46 do Regulamento Xeral de Recadación da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto 1415/2004, do 11 de xuño.
    • Artigo 91 do Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros dereitos da Seguridade Social, aprobado por Real Decreto 2064/1995, do 22 de decembro.
    • Artigo 63 do Regulamento Xeral sobre Inscrición de Empresas e Afiliación, Altas, Baixas e Variacións de Datos de Traballadores na Seguridade Social.
  • Seguimento de impugnacións ante a TGSS.
Complementary Content
${loading}