Tramitación

Corrección de defectos ou omisións e informes:

Cando a solicitude de aprazamento formulada incorrera en defectos ou omisións, o órgano que deba tramitala requirirá ao solicitante, no prazo máximo de dez días, para que repare os defectos en igual prazo, con indicación de que, se así non o fixese, se remitirá o expediente ao órgano competente para que dite resolución na que se teña por desistido ao solicitante.

Se se considerase necesario, poderán obterse cantos informes e actuacións se estimen convenientes antes de resolver o aprazamento.

Resolución do aprazamento

Unha vez completada a documentación que deba achegar o solicitante, ditarase a correspondente resolución, que haberá de adoptarse no prazo máximo de tres meses contados a partir da data de entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Unha vez transcorrido este prazo sen que recaera resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude. A efectos da resolución, ponderarase a reiteración de incumprimentos anteriores.


Contido da resolución:

As resolucións que concedan aprazamentos determinarán os seguintes extremos:

  • A contía da débeda aprazada
  • O período total do aprazamento.
  • A amortización concedida, a contía dos prazos de amortización e a data de vencemento destes.

Este período non poderá exceder de cinco anos. Non obstante, cando concorran causas de carácter extraordinario debidamente acreditadas, o Director Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social poderá autorizar con carácter excepcional aprazamentos por períodos superiores.

Notificación da resolución:

As notificacións practicaranse por calquera medio que permita ter constancia da recepción polo interesado ou o seu representante, así como da data, a identidade e o contido do acto administrativo conforme ao previsto nos artigos 40 a 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O suxeito responsable deberá ingresar as cotas inaprazables, se non estiveran xa pagadas con anterioridade, no prazo máximo dun mes dende a data de notificación da resolución que concede o aprazamento.

Nos aprazamentos con exención de garantías por débedas aprazables inferiores a  90.000 euros e amortización nun período inferior a dous anos, deberá ingresar, polo menos, un terzo da débeda aprazada dentro dosdez días seguintes ao da notificación da resolución.

Ademais, a efectividade do aprazamento quedará suxeita ás restantes condicións específicas que poida establecer a resolución que os concedera.

Complementary Content
${loading}