Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Datos que deben conter as solicitudes

Sen prexuízo das particularidades de cada réxime, con carácter xeral, a solicitude de alta conterá os datos relativos ao exercicio da súa actividade que lle faciliten unha información completa á Tesourería Xeral da Seguridade Social e en particular:

  • Nome ou razón social do empresario que promove a alta.
  • Código de Conta de Cotización do empresario.
  • Réxime de Seguridade Social.
  • Apelidos e nome do traballador.
  • Número de Seguridade Social do traballador.
  • DNI 
  • Domicilio do traballador.
  • Data de inicio da actividade.
  • Grupo de cotización. 
  • Epígrafe de AT  e EP (unicamente para altas con data anterior a 31-12-2006)
  • Tipo de contrato e coeficiente de xornada se é o caso.
  • Ocupación (nos supostos indicados na Disposición adicional cuarta da lei 42/2006 do 28 de decembro de 2006)
  • Convenio/ Convenios Colectivos (obrigatorio a partir do 26/07/2015)

No caso de solicitude de baixa, deberá conter os datos relativos a:

  • Nome ou razón social do empresario que promove a baixa.
  • Código de Conta de Cotización do empresario.
  • Réxime de Seguridade Social. 
  • Apelidos e nome do traballador. 
  • Número de Seguridade Social do traballador. 
  • DNI. 
  • Domicilio do traballador. 
  • Data de cesamento da actividade 
  • Causa da baixa.

A solicitude de variación de datos, ademais dos datos identificadores do traballador e do empresario, conterá os datos obxecto de modificación, debendo ser comunicadas, fundamentalmente, aquelas variacións que afecten as condicións laborais:

  • Tipo de contrato e coeficiente de xornada laboral.
  • Epígrafe de AT e EP (para períodos anteriores ao 31-12-2006)
  • Variación de grupo de cotización.
  • Data de variación.
  • Ocupación.

Se se trata dun traballador por conta propia, ademais dos datos indicados anteriormente, terá os referidos a:

  • Actividade profesional.
  • Sede desta actividade profesional.
  • Réxime de Seguridade Social.
  • Peculiaridades en materia de cotización e acción protectora
Complementary Content
${loading}