Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Disposicións comúns

Concepto

O convenio especial configúrase como unha situación asimilada á alta, que deriva dun acordo de vontades entre o subscritor e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, con obriga do subscritor de aboar ao seu exclusivo cargo as cotas que correspondan co fin de conservar o dereito á cobertura das prestacións polas continxencias cubertas no convenio especial.

Non obstante, existen excepcións como os convenios ERE nos que a cotización é a cargo da empresa, ata o cumprimento dos 61/63 anos do traballador incluído no ERE ou os convenios de coidadores non profesionais que actualmente son financiados polo IMSERSO.

Finalidade da subscrición dun convenio especial

A través da subscrición dun convenio especial coa Seguridade Social iníciase ou prolonga a situación de alta ou asimilada á de alta no Réxime da Seguridade Social que corresponda, pola actividade que o interesado desenvolva ou desenvolvese con anterioridade, coa finalidade de continuar a cotizar polas continxencias protexidas no convenio. Polo tanto, o convenio especial ten un dobre obxectivo:

  • Continuar cotizando ao Réxime da Seguridade Social en cuxo ámbito se subscriba o convenio.
  • Beneficiarse da cobertura das continxencias protexidas polo convenio: incapacidade permanente, morte e supervivencia derivadas de enfermidade común e accidente non laboral, xubilación e servizos sociais, nas condicións e coa extensión prevista no Réxime da Seguridade Social en cuxo ámbito se subscribe o convenio.
    Con carácter xeral, quedan excluídos os subsidios por Incapacidade Temporal, nacemento e coidado do menor e risco durante o embarazo, a protección por Desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional.
Complementary Content
${loading}