Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial para deportistas de alto nivel

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

Quen pode subscribilo?

Este convenio especial permite a inclusión no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos os deportistas de alto nivel, maiores de dezaoito anos que, debido á súa actividade deportiva ou de calquera outra actividade profesional que realicen, non estean xa incluídos en calquera dos Réximes do Sistema da Seguridade Social.

Forma e prazo de solicitude

A solicitude do Convenio Especial efectuarase, dentro do período no que o solicitante ostente a condición de deportista de alto nivel, a través dos medios indicados no apartado “Trámites e Xestións de Convenios Especiais”.

Acción protectora

A acción protectora dispensada por este Convenio Especial será a correspondente a:

  • Incapacidade permanente derivada de enfermidade común e accidente non laboral
  • Xubilación.
  • Viuvez, Orfandade e outras prestacións en favor de familiares, derivadas de enfermidade común e accidente non laboral.
  • Este convenio especial non inclúe a cobertura dos subsidios por incapacidade temporal e nacemento e coidado do menor, quedando así mesmo excluídas a protección por Desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional.

As prestacións cubertas recoñeceranse con arranxo ás normas que as regulan no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

Requisitos

Para subscribir este convenio é necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 18 anos.
  • Ter a condición de deportista de alto nivel, incluído na relación de deportistas de alto nivel que publica, no BOE, o Consello Superior de Deportes.
  • Non estar incluído pola súa actividade deportiva ou por calquera outra actividade que realice en calquera dos Réximes do Sistema da Seguridade Social.
  • Non se esixe período de cotización previo á solicitude do convenio especial.

Efectos

O convenio especial producirá efectos dende o día da súa presentación.

Extinción

O convenio especial extinguirase por calquera das seguintes causas:

  • Pola realización de calquera actividade profesional que supoña a inclusión en calquera Réxime, sen ningunha excepción.
  • Por adquirir a condición de pensionista por xubilación ou de incapacidade permanente.
  • Por falta de aboamento das cotas correspondentes a tres mensualidades consecutivas ou a cinco alternativas, agás causa de forza maior.
  • Por falecemento do interesado.
  • Por decisión do interesado, comunicada por algún dos medios indicados no apartado “Trámites e Xestións de Convenios Especiais”.

Non será causa de extinción do convenio especial de deportista de alto nivel a exclusión nas sucesivas relacións de deportistas de alto nivel publicadas no BOE, daqueles deportistas que estivesen incluídos con anterioridade e subscribisen o convenio.

Cotización

Suxeito responsable da obriga de cotizar

A cotización é a cargo do subscritor do convenio especial. Poderán actuar como substitutos dos traballadores que subscriban o convenio especial as persoas físicas ou xurídicas que asuman voluntariamente esta obriga con autorización expresa dos devanditos traballadores.

Base de cotización

A base de cotización será a elixida polo interesado entre as vixentes no Réxime Especial dos Traballadores Autónomos.

Determinación da cota a ingresar

Aplicarase á base de cotización elixida polo interesado o tipo único de cotización vixente no Réxime Xeral.

O resultado obtido multiplicarase polo coeficiente redutor que anualmente fixe a Orde de cotización.

Así mesmo,dende o 1 de xaneiro de 2023, está vixente a cota adicional correspondente ao Mecanismo de Equidade Interxeracional, que se determina aplicando o tipo que corresponda cada ano sobre a base de cotización.

Prazo de ingreso

A cota ingresarase dentro do mesmo mes ao que corresponda a liquidación.

Incremento da base de cotización do convenio con posterioridade á subscrición do convenio especial

Con carácter xeral, a base de cotización incrementarase na mesma porcentaxe na que se incremente a base mínima do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

Non obstante, o subscritor pode elixir que a base de cotización do convenio se revalorice conforme ao incremento que experimente cada ano a base máxima de cotización do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

En caso de non optar por este incremento, incrementarase conforme o exposto no parágrafo anterior.

A solicitude do incremento voluntario da base de cotización (ou de renuncia ao devandito incremento) pódese realizar a través de calquera das vías indicadas a tal obxecto no apartado: “Trámites e Xestións de Convenios Especiais ”. O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de cada ano e os efectos son a partir do día 1 de xaneiro do ano seguinte.

Documentación necesaria para a solicitude

As solicitudes de alta han de ir acompañadas da seguinte documentación:

  • Documento identificativo do interesado (Documento Nacional de Identidade -NIF- ou tarxeta de identidade de estranxeiro -NIE-).
  • Acreditación da súa condición como deportista de alto nivel.

En relación coa documentación necesaria no suposto de variación de datos, as solicitudes han de ir acompañadas da documentación que xustifique a variación no convenio especial do que se trate.

Respecto á documentación que se debe achegar no suposto de baixa no convenio especial, as solicitudes han de ir acompañadas da documentación que xustifique a baixa, agás que se trate dunha solicitude de baixa voluntaria.

Normativa aplicable

Artigo 27 da Orde TAS/2865/2003, do 18 de outubro pola que se regulamenta o convenio especial no Sistema da Seguridade Social

Real Decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento.

Real Decreto 2/2018, do 12 de xaneiro, polo que se ditan determinadas normas de desenvolvemento do Real Decreto lei 5/2015, do 30 de abril, de medidas urxentes en relación coa comercialización dos dereitos de explotación de contidos audiovisuais das competicións de fútbol profesional.

Complementary Content
${loading}