Réxime Especial da Minería do Carbón

¿Quen está incluído?

Están incluídos no Réxime Especial da Minería do Carbón os traballadores por conta allea que prestan os seus servizos a empresas que realicen as seguintes actividades relativas á Minería do Carbón:

  • Extracción de carbón nas minas subterráneas.
  • Explotación de carbón a ceo aberto.
  • Investigacións e recoñecementos
  • Aproveitamento de carbóns e augas residuais con materias carbonosas.
  • Escollido de carbón en entulleiras
  • Fabricación de aglomerados de carbón mineral
  • Fornos de produción de Cok (con exclusión dos pertencentes á industria siderometalúrxica).
  • Transportes fluviais de carbón.
  • Actividades secundarias ou complementarias das anteriores.

¿Quen está excluído?

Traballadores dos demais sectores mineiros, incluídos no Réxime Xeral da Seguridade Social.

Aplícanse as normas do Réxime Xeral.

Complementary Content
${loading}