Concepto
Con carácter xeral é un acordo subscrito voluntariamente polos traballadores coa Tesourería Xeral da Seguridade Social co fin de xerar, manter ou ampliar, en determinadas situacións, o dereito ás prestacións da Seguridade Social, e coa obrigación de aboar ao seu exclusivo cargo, as cotas que corresponden.
Noutros casos, como no convenio especial de empresas e traballadores suxeitos a expedientes de regulación de emprego que inclúa a traballadores de 55 ou máis anos, a subscrición vén imposta pola Dirección Provincial de traballo e o acordo subscríbese pola empresa e o traballador dunha parte e a Tesourería Xeral da Seguridade Social doutra.