Convenio especial de traballadores contratados a tempo parcial

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

¿Quen pode subscribilo?

Os traballadores contratados a tempo parcial que non estean percibindo prestacións de desemprego poderán subscribir o convenio especial para completar a cotización derivada do contrato a tempo parcial ata a base mínima de cotización establecida con carácter xeral para a súa categoría profesional ou no réxime de encadramento, ou ata a base á que se refire a letra b) do apartado 2.1 do artigo 6 desta Orde se fose superior.

Forma e prazo de solicitude

A solicitude do Convenio Especial efectuarase mediante a presentación do modelo correspondente (modelo TA-0040 ), ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma correspondente ao domicilio do solicitante.

- Ábrense dous prazos:

* 90 días seguintes ao cesamento ou situación determinante do convenio especial.

* En calquera momento.

Requisitos

Non será necesario acreditar período de cotización previo á solicitude do convenio.

Efectos

Se a solicitude do convenio especial se presentase dentro dos noventa días naturais seguintes á data do cesamento na actividade ou na situación que determine a subscrición do convenio especial, este producirá efectos dende o día seguinte a aquel no que producira efectos a baixa no Réxime correspondente, agás que o solicitante opte porque os efectos se inicien dende a presentación da solicitude.

Se a solicitude do convenio se presentase fóra do prazo dos 90 días, o mesmo producirá efectos dende o día da presentación da solicitude.

Causas de extinción

Extinguirase pola extinción do contrato, podendo neste caso subscribir un Convenio Especial previsto na Regulación Xeral .

Cotización

A base mensual de cotización estará constituída pola diferenza entre a base de cotización polo contrato a tempo parcial e a elixida polo interesado, ata a base de cotización que sexa o resultado de dividir por 12 a suma das bases por continxencias comúns polas que se efectuasen cotizacións, respecto do traballador solicitante do convenio especial, durante os doce meses consecutivos anteriores a aquel en que producise efectos o convenio.

A base fixada no convenio será mantida ata a finalización do ano en que se subscriba o convenio cando se modificase durante o mesmo a base de cotización polo contrato a tempo parcial, agás vontade expresa en contrario do interesado.

A cotización a completar na modalidade de convenio especial regulada neste artigo será a correspondente ás situacións de xubilación, incapacidade permanente e morte e supervivencia, derivadas de enfermidade común ou accidente non laboral, no Réxime da Seguridade Social en que se subscriba o convenio.

Outros

Para o non establecido no artigo 22 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, este convenio regúlase polas normas xerais.

Complementary Content
${loading}