Convenio especial para traballadores que cesen nas prestacións de servizos ou actividades

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

¿Quen pode subscribilo?

Pode subscribir este convenio especial o traballador ou asimilado que preste os seus servizos a dous ou máis empresarios en situación de pluriemprego, sexa en réxime de contratación a tempo completo ou sexa a tempo parcial, perciba ou non a prestación ou subsidio por desemprego, e se extinga algún ou tódolos seus contratos de traballo ou cando preste os seus servizos en situación de pluriactividade e cesamento nalgunha ou en tódalas actividades que deron lugar á súa inclusión obrigatoria en dous ou máis Réximes do Sistema da Seguridade Social, xa sexa en forma simultánea ou sucesiva.

Poderase subscribir convenio especial co obxecto de manter a mesma ou mesmas bases de cotización polas que viña cotizando en situación de pluriemprego ou pluriactividade.

Forma e prazo de solicitude

Debe presentarse solicitude (modelo TA-0040) ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma no prazo de 90 días naturais a partir da data causante ou en calquera momento.

Acción protectora

O convenio especial ten por obxecto a cobertura do conxunto da acción protectora do réxime ou réximes nos que se subscriba o mesmo.

Requisitos

O traballador ou asimilado tivo que figurar de alta para dous ou máis empresarios ou de forma simultánea en situación de alta en dous ou máis réximes e ten que cesar nunha ou en tódalas actividades, de forma simultánea ou sucesiva.

É necesario unha carencia específica en pluriemprego ou pluriactividade de 1.080 días na respectiva situación de pluriemprego ou pluriactividade.

Efectos

A data de presentación da solicitude ou a data de situación que determina o convenio especial cando a solicitude se realice dentro dos 90 días seguintes a esta data de situación.

Causas de extinción

- Por adquirir o interesado a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.

- Por falta de aboamento de tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas.

- Por falecemento do interesado.

- Por decisión do interesado debidamente comunicada á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Cotización

- O traballador ou asimilado poderá subscribir convenio especial coa particularidade de que a base de cotización non poderá ser superior á diferenza entre a base de cotización en razón da súa nova actividade e a media das bases cotizadas durante os doce meses anteriores ao cesamento.

- A base estará constituída, se cesa en tódalas actividades, pola suma das bases de cotización do mes anterior á subscrición do convenio, co límite do tope máximo absoluto.

- No caso de mantemento dalgunha ou algunhas das actividades, a base estará constituída pola diferenza que resulte da nova distribución das bases, se a nova base fose inferior á anterior á subscrición do convenio.

- Só se esixe que a base de cotización non supere a máxima do réxime.

- O prazo de ingreso das cotas será o mes seguinte ao que estea referida a cota.

Outros

Este convenio especial regúlase polo artigo 23 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, e para o non disposto neste pola norma xeral.

Complementary Content
${loading}