Convenio especial de traballadores que reduzan a xornada por coidado dun menor, minusvalido ou familiar

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

¿Quen pode subscribilo?

Os traballadores por conta allea ou asimilados que conforme os apartados 5 e 4.bis do artigo 37 de Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, ou a lexislación específica que regule a súa prestación de servizos e en razón do coidado directo dun menor de doce anos, dun discapacitado físico, psíquico ou sensorial, ou dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, ou nos casos de nacemento de fillos prematuros ou que por calquera causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, reduzan a súa xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario.

Forma e prazo

A solicitude do Convenio Especial efectuarase mediante a presentación do modelo correspondente (modelo TA-0040 ), ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma correspondente ao domicilio do solicitante.

- Ábrense dous prazos:

*  90 días seguintes ao cesamento ou situación determinante do convenio especial.

*  En calquera momento.

Requisitos

Non será preciso acreditar período de cotización previo á solicitude do Convenio.

Efectos

Se a solicitude do convenio especial se presentase dentro dos noventa días naturais seguintes á data do cesamento na actividade ou na situación que determine a subscrición do convenio especial, este producirá efectos dende o día seguinte a aquel no que producise efectos a baixa no Réxime correspondente, agás que o solicitante opte porque os efectos se inicien dende a presentación da solicitude.

Se a solicitude do convenio se presentase fóra do prazo dos 90 días, o mesmo producirá efectos dende o día da presentación da solicitude.

Cotización

A base mensual de cotización estará constituída pola diferenza entre as bases correspondentes á redución de xornada e calquera das bases elixida polo interesado.

Poderase elixir entre as seguintes bases de cotización:

- A base máxima, sempre que cotizase por ela polo menos durante 24 meses nos últimos 5 anos, previos á situación de xornada reducida.

- A base de cotización resultante de dividir por 12 as bases por continxencias comúns cotizadas durante os doce meses consecutivos inmediatamente anteriores á situación de xornada reducida.

- A base mínima de cotización para traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

- Unha base de cotización intermedia.

Coeficientes aplicables para determinar a cota

Para determinar a cota a ingresar aplicaranse sobre a cota íntegra (resultante de aplicar á base o tipo único vixente), os seguintes coeficientes redutores:

- Convenio especial por redución de xornada por coidado dun familiar : 0,94
- Convenio especial por redución de xornada por coidado dun menor ou minusválido:

Se o Convenio se subscribise con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1998: 0.94

Se o Convenio se subscribise con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1998: 0.77

Outros

Para o non establecido no artigo 21 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, este convenio regúlase polas normas xerais.

Complementary Content
${loading}