Convenio Especial para persoas con discapacidade que teñan especiais dificultades de inserción laboral (R.D. 156/2013 do 1 de marzo)

Pode enlazar á sección de Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada

Quen pode subscribilo?

Poderán subscribir este convenio especial as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 18 anos e menos de 67 anos de idade ou 65 anos cando se acrediten 38 anos e 6 meses de cotización.
  • Que estean afectadas por un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% para as persoas con parálise cerebral, as persoas con enfermidade mental ou as persoas con discapacidade intelectual ou ao 65% para as persoas con discapacidade física ou sensorial.
  • Que non figuren en alta ou en situación asimilada  á de alta en ningún réxime do Sistema da Seguridade Social, nin en calquera outro réxime público de protección social.
  • Figurar inscrito nos servizos públicos de emprego como demandante de emprego e non ter estado ocupado por un período mínimo de seis meses, inmediatamente anteriores á data da solicitude de subscrición do convenio especial.
  • Non ser pensionista de xubilación ou de incapacidade permanente.

Forma e prazo de solicitude

Efectos

Durante o ano 2013 este convenio especial poderá producir efectos, a opción do solicitante, dende a data de presentación do convenio dende o 1 de abril de 2013, data de entrada en vigor do Real Decreto, 156/2013 do 1 de marzo.

A partir do 01/01/2014 os efectos do convenio serán dende a data de solicitude do convenio especial, en calquera caso.

Acción protectora

A acción protectora dispensada por este Convenio Especial será a correspondente a xubilación e morte e supervivencia.

Causas de extinción

O convenio para este colectivo extinguirase por calquera das seguintes causas:

  • Por adquirir o solicitante a condición de pensionista de xubilación ou de incapacidade permanente.
  • Por falecemento do solicitante.
  • Por deixar de reunir os requisitos establecidos no |R.D. 156/2013 do 1 de marzo.
  • Por decisión do solicitante, comunicada por escrito á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en cuxo caso, a extinción do convenio terá lugar a partir do día primeiro do mes seguinte á data da comunicación.
  • Por falta de aboamento de cotas correspondentes a tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas, agás causa xustificada de forza maior debidamente acreditada.

Outros

As cotizacións á Seguridade Social por este convenio especial serán a cargo exclusivo do subscritor.

No non establecido na norma reguladora deste convenio específico, este convenio especial regúlase polo disposto no Capítulo I da Orde TAS/2865/2003 do 13 de outubro.

Complementary Content
${loading}