Convenio especial durante a situación de alta especial como consecuencia de folga legal ou peche patronal

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

¿Quen pode subscribilo?

Os traballadores que se atopen en situación de alta especial como consecuencia de folga legal ou peche patronal.

A situación dos traballadores que subscriban o Convenio Especial seguirá sendo de alta especial, a efectos do conxunto da acción protectora do Réxime de que se trate.

O obxecto deste Convenio Especial será o de completar as bases de cotización correspondentes ás continxencias de invalidez permanente e morte e supervivencia, derivadas de enfermidade común e accidente non laboral, xubilación e servizos sociais durante o período de folga legal ou peche patronal legal.

Forma e prazo de solicitude

A solicitude do Convenio Especial efectuarase mediante a presentación do modelo correspondente (modelo TA-0040), ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma correspondente ao domicilio do solicitante.

- Ábrense dous prazos:

*  90 días seguintes ao cesamento ou situación determinante do convenio especial.

Requisitos

Non será esixible a acreditación do período de cotización previo á solicitude do mesmo.

Efectos

Se a solicitude do convenio especial se presentase dentro dos noventa días naturais seguintes á data do cesamento na actividade ou na situación que determine a subscrición do convenio especial, este producirá efectos dende o día seguinte a aquel no que producise efectos a baixa no Réxime correspondente, agás que o solicitante opte porque os efectos se inicien dende a presentación da solicitude.

Se a solicitude do convenio se presentase fóra do prazo dos 90 días, o mesmo producirá efectos dende o día da presentación da solicitude.

Cotización

A base de cotización determinarase de acordo coas seguintes regras:

Nos casos de folga legal total ou peche patronal legal, a base diaria de cotización será a media das bases de cotización polas que viñera cotizando o traballador durante o mes anterior á data de inicio da folga total ou peche patronal.

Nos supostos de folga parcial, a base diaria de cotización será a diferenza entre a base de cotización calculada como no punto anterior e a base pola que se cotice diariamente polo traballador durante esa situación.

O cálculo da cota a ingresar efectuarase conforme ao establecido con carácter xeral, no apartado de Regulación Xeral .

Outros

Para o non establecido no artigo 18 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, este convenio especial regúlase polas normas xerais.

Complementary Content
${loading}