Convenio especial dos emigrantes españois e fillos destes retornados

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

¿Quen pode subscribilo?

Os emigrantes españois e os fillos destes que posúan a nacionalidade española, sexa cal fose o país no que traballen, no momento do seu retorno a territorio español, sempre que non estean incluídos obrigatoriamente nalgún réxime público de protección social en España.

Forma e prazo de solicitude

As solicitudes poden presentarse (mediante o modelo TA-0040) en calquera momento posterior á data de retorno sen que resulte esixible o cumprimento de prazo algún ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma correspondente ao domicilio onde os mesmos fixasen a súa residencia. 

Requisitos

Deberá acreditarse o retorno a territorio español mediante certificado expedido  pola Delegación ou Subdelegación do Goberno da provincia de residencia do interesado. 

Efectos

Produce efectos a partir do día primeiro do mes seguinte á data de presentación da solicitude.

Causas da extinción

  • Falta de aboamento das cotas correspondentes a tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas.
  • Quedar comprendido o interesado no campo de aplicación de calquera Réxime da Seguridade Social.
  • Adquirir a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
  • Decisión do interesado comunicada por escrito á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Por falecemento do interesado.

Cotización

O ingreso de cotas efectuarase dentro do mes seguinte ao de devindicación. A base de cotización aplicable será a mínima que, en cada momento, corresponda aos traballadores maiores de dezaoito anos do Réxime Xeral. Sobre ela aplicarase o tipo de cotización vixente neste Réxime e, ao resultado, aplicaráselle o coeficiente que a tal efecto estea establecido, constituíndo o resultado, a cota a ingresar.

Outros

Complementary Content
${loading}